A conta atrás para a fase de ascenso xa está activada. A RFGF deu a coñecer o cartel oficial do evento nas súas redes sociais e pouco a pouco vanse coñecendo máis detalles da competición.

O Comité Técnico de Árbitros da RFGF xa designou aos colexiados encargados de impartir xustiza nesta fase de ascenso exprés que se disputará os días 18, 19 e 25 de xullo no estadio Abanca Balaídos de Vigo.

Así, as designacións arbitrais son as seguintes:

Sábado 18 (semifinal SD Compostela-CD Barco)

  • Jesús López Fernández (árbitro principal)
  • Alberto Blanco Méndez e Ismael González Caramés (asistentes)
  • David Iglesias Melón (cuarto árbitro).

Domingo 19 (semifinal Ourense CF-Arosa SC):

  • Gustavo Vidal Fonseca (árbitro principal)
  • Pablo Bustabad Gomes e Álvaro Gil Soriano (asistentes)
  • Gabriel Quintairos Rial (cuarto árbitro).

Sábado 25 de xullo (final):

  • Alexandre López Vila (árbitro principal)
  • Rubén Reborido Rodríguez e falta por determinar o segundo asistente
  • Sergio Miguens Santiago (cuarto árbitro)