A RFGF avoga por disputar todas as xornadas da competición 19-20

A RFGF avoga por disputar todas as xornadas da competición 19-20, preferiblemente antes do 30 de xuño, pero incluso se podería facer ao longo do verán.

0

A REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL AVOGA POR DISPUTAR A TOTALIDADE DAS XORNADAS DAS DISTINTAS COMPETICIÓNS, PREFERIBLEMENTE ANTES DO 30 DE XUÑO OU INCLUSO AO LONGO DO VERÁN, DE ACORDO COA FEDERACIÓN ESPAÑOLA

 En materia de saúde a consigna é seguir escrupulosamente as indicacións das autoridades e colaborar en todo o posible na prevención e nos esforzos por frenar a propagación do Coronavirus

 No apartado económico a RFEF garantiza ao presidente da RFGF que todas as axudas comprometidas para esta tempada 19-20 chegarán aos clubs

 Dependendo da data de finalización da actual tempada podería verse adaptado o modelo competicional da campaña 20-21

Logo da reunión por videoconferencia do presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales, con todos os presidentes das federacións territoriais, a Real Federación Galega de Fútbol respalda os acordos adoptados de maneira unánime, respaldo manifestado polo presidente Rafael Louzán no transcurso da reunión, a cal se celebrou con posterioridade á celebrada por UEFA coa Real Federación Española.

Esos acordos afectan a tres aspectos principais que por orden de importancia son os seguintes:

  • Saúde
  • Economía
  • Competición

Acordos que, ademais, quedan reflectidos nunha circular que publica hoxe a RFEF.

  1. Louzán coincide co presidente da Federación Española en que a prioridade agora mesmo é a saúde de todos os cidadáns e traballar da man das distintas autoridades colaborando na prevención, na concienciación e no freno da propagación do virus Covid-19. Todos os presidentes descartan realizar medidas propias á marxe da labor que están a realizar os servizos sanitarios en todo o estado español.
  1. No tocante á economía quedou claro que todas as axudas comprometidas pola RFEF e a RFGF aos clubs e ás federacións territoriais para esta tempada están aseguradas, se ben podería haber retrasos nos pagos se a crise sanitaria se extende moito no tempo. Os programas Impulso 23, Cantera ou Universo Mujer teñen aseguradas as contías económicas, polo que os clubs recibirán a integridade do comprometido para este tempada.
  1. E no referente á competición, se ben agora mesmo non é a prioridade, si é certo que as federacións están a traballar para dar seguridade aos clubs e deportistas.

 A Real Federación Galega de Fútbol, ao igual que as demais Federacións Territoriais, avoga por rematar a competición desta tempada. Se a situación permite facelo antes do 30 de xuño sería o escenario ideal, pero se esa situación é imposible, a RFGF ten claro que a competición debe disputarse na súa totalidade aínda que teña que ser máis alá do 30 de xuño, polo que habería que prorrogar a tempada competitiva, as licenzas e a cobertura de accidente deportivo (Mutualidade) por causas de forza maior. Evidentemente todo vai a depender da evolución da crise sanitaria na que estamos inmersos.

A prolongación da competición 19-20 debería en todo caso ser aprobada pola Secretaría Xeral para o Deporte e pola Asemblea da RFGF. Ademais, esa posibilidade tamén podería afectar á seguinte tempada, a cal podería ver adaptado o seu sistema competicional en función da data na que se poida rematar a presente campaña.

O que ten claro a RFGF, en consonancia coa RFEF e as demais territoriais, é que “temos que manter a competición limpa e íntegra. Para iso é necesario que sexa unha competición en condicións de igualdade. Por iso, non podemos cambiar as regras de xogo a metade de tempada, a pesar da excepcionalidade que estamos a vivir”, sinala Louzán.

Todas as outras opcións (cancelación das ligas, validar as clasificacións da primeira volta ou validar as clasificacións a día de suspensión debido á crise sanitaria) vulneran a limpeza da competición e o criterio de igualdade da mesma.

Comunicado oficial da RFGF