A Pobra do Caramiñal acolle o autonómico de marcha

0
0

 

Preto de cento cincuenta marchadores/as tomarán parte nesta fin de semana no XVII Campionato de Galicia de inverno de Marcha en pista que se desenvolverá a partir das 10.45 horas nas instalacións atléticas do Concello da Pobra do Caramiñal.

O campionato que se encontra reservado para as categorías de Sub10 ata a Máster, contará ca figura da marchadora internacional Antía Chamosa como clara favorita ó título. Lembramos que este ano vén de conseguir un extraordinario 5º posto no Campionato de Europa Sub-23 que se desenvolvería en Gävle sobre os 20 km. Xunto ela tanto tanto Iria Rivas como Carmen Escariz parten a priori como favoritas a estar no podio.

Xa na categoría masculina Daniel Chamosa será o rival a batir por parte do atleta máster Juán Morales (que defende título) e quen intentará repetir a excelente tempada pasada que o levaría a acadar o subcampionato de Europa e o Campionato de España da súa categoría. Roberto Vieiro que se atopa estudando a carreira de mediciña en Barcelona (e que limitará moito as súas actuacións en Galicia) e a prematura retirada de Brais Prieto, deixarán certa orfandade tanton este campionatocomo neste sector ó longo desta tempada.

 

A FGA aposta polos Campionatos Galegos

Galicia é unha das poucas Federacións que “repite” este campionato xa que ca ampliación da tempada, moitas territoriais tomaron a decisión de non organizalo argumentando a xa celebración e disputa do mesmo. Por elo marchadores e marchadoras de distintas federacións amosaron o seu interese en tomar parte na edición de A Pobra cursando sendas solicitudes de autorización.

Por outra banda a disputa do Campionato Galego, servirá para o desenvolvemento de varias probas de control organizadas pola Delegación da FGA en Santiago e pola Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.