A pista de Expourense acolleu ó campeonato Sub-23

0
Foto: Carlos Domarco

 

O máis destacado en canto a postos, foron os bos resultados do atleta do Narón Gabriel dos Santos quen gañaría as probas dos 400 m. con 51.10 ocupando o segundo lugar nos 800 m. con 2:06.20. Luis del Río do Celta proclamaríase campión galego na proba dos 800 m. con 2:05.11 sendo bronce nos 400 m. con 51.63.

Santiago Rozas do Lucus Caixa Rural marcharía cas pratas tanto dos 60 m. con 7.39 como dos 200 m. con 23.40 acadando o título autonómico dos 60 valos con 8.67.

Pablo Saa do Real Club Celta e Alexandre Barreiro do Lugo Running, repartirianse a hexemonía nos fosos sendo o título galego para o celeste na proba de lonxitude con 6.73 m. e a prata no triplo con 13.92, correspondendo o primeiro posto no triplo para lucense con 14.49 m. e o segundo lugar na lonxitude con 6.27 m.

Na categoría feminina emocionante os 60 m. con victoria finalmente para Lucía Ferrer da Gimnástica con 7.92, quen de igual modo repetiría ouro nos 60 valos con 9.37

Andrea Pais do A.F.Celta colleitaría os bronces tanto nos 60 m. como nos 200 m. nunha proba esta última gañada por Xiana González da Gimnástica con 25.90. De igual modo a gimnástica Claudia Torres voltaría cas pratas nas probas de 60 m. con 8.00 e dos 200 m. con 25.97.

page2image762603760

Continuando ca velocidade, campionato galego para Judith Fábregas da atlética Lucense na proba dos 400 m. con 1:04.73 ocupando o segundo lugar nos 800 m. con 2:36.30.

A actuación nestes campionatos de Lucía Cardesín, quen este ano ficharía polo ADAS Proinor, sería tamén merecedora dos triunfos tanto nos 800 m. con 2:34.01 como nos 1.500 m. con 5:12.05.

Emocionante o concurso de lonxitude con título final de Carla Mourelle do Lucus CRG con 4.99 m. empatada a centímetros con Uxía Paz do A.F.Celta (quen repeteiría metal no triplo con 10.92 m.) O bronce sería para Elvira Okutu do Celta con dous centímetros menos.

Nos lanzamentos a internacional Andrea González da Gimnástica, quen tomaba parte en peso, imporíase de maneira doada no concurso ó lanzar ata os 10.77 m.

Actuacións individiaus destacadas tamén as que terían Rosalia Rodríguez prata nos 400 m. con 1:05.34 e nos 800 m. con 2:39.22 e Aida Martínez do Ourense Atletismo ca súa prata nos 3.000 con 11:52.94 e o bronce nos 1.500 m. con 5:17.71.