A Ourense ICC Week abre a inscrición para participar nas competicións de eSports

Supercompeticións de escuderías e Fórmula 1, torneos FIFA 19 e Fortnite, así como un simulador de rally e unha charla-coloquio sobre “Videoxogos: dos riscos ás oportunidades”, integran o programa desta edición, que terá lugar no Liceo de Ourense do 5 ao 7 de abril.

0

 

Ourense, 8 de marzo de 2019.-A semana das industrias culturais e creativas “Ourense ICC Week”, que organiza a Deputación de Ourense abre a inscrición para participar nas competicións de eSports nesta edición de 2019. O programa, que se desenvolverá no Liceo de Ourense entre os días 5 ao 7 de abril, abrangue supercompeticións de escuderías e Fórmula 1, torneos FIFA 19 e Fortnite, así como un simulador de rally e unha charla-coloquio sobre “Videoxogos: dos riscos ás oportunidades”. As ligazóns para inscribirse nos eSports xa están dispoñibles na web ourenseiccweek.com, un evento que na súa vertente máis tecnolóxica, pretende ser o punto de encontro da comunidade gamer galega.

Os eSports son competicións de videoxogos estruturadas a través de xogadores, equipos, ligas, publishers, organizadores, broadcasters, patrocinadores e espectadores, nas que se pode participar de forma amateur ou profesional.

Con este obxectivo a ICC eSport 2019 trae a Ourense as mellores competicións gaming do momento. Como atractivo principal ofrécense as finais de SCE (Supercompetición de Escuderías) e SF1 (Supercompetición de Fórmula 1) de mundoGT, que reunirán aos mellores equipos e pilotos profesionais do panorama Simracing. Estas competicións serán retransmitidas a través de Movistar eSports e outras canles online. Dúas citas do motor virtual que traerán a cidade de Ourense, equipos do talle de Vodafone Giants, Williams eSports (fiial da escudería deF1) e campos eRacing 101 neumáticos, entre outros, que compiten a nivel mundial.

Para o público en xeral celebraranse tres torneos gratuítos: o xogo do ano, FORTNITE; o clásico por excelencia de fútbol, FIFA 19, e no mundo do motor, un torneo casual do simulador de rally  DIRT 2.0. Estes torneos contan co alicerce dos “Premios Bermello”, agasallos para os gañadores, que inclúen PS4 slim, mandos dualshock e tarxetas prepago PSN.

Os torneos gañan ademais en espectacularidade e emoción grazas ao Caster (persoa que comenta e retransmite as partidas de videoxogos a través de Internet) do equipo de Alfonso Rodríguez, creador e propietario das marcas de plataformas e videoxogos mais importantes a nivel nacional: MundoGT, Paraíso Gamer ou Comando Gol, e colaborador oficial de grandes marcas como Sony, Logitech e Thrustmaster. Os torneos transmitiranse en directo a través de Internet en canles especializados, colocando así o punto de mira do sector sobre a Ourense, un evento imprescindible no calendario gamer.

Medios técnicos

Para esta edición a ICC eSports conta cun despregue singular. Así os diferentes torneos disporán de 12 postos de consolas PS4 e 8 simuladores profesionais de condución. O equipamento para os pilotos que cheguen a final constará de:

SAMSUNG: Monitor UHD de 32″ LU32J590UQUXEN. Pantalla panorámica con 4 veces máis píxeles que Full HD, ofrece máis espazo e imaxes moi reais en UHD.

CUSTOM COCKPIT: Chasis KR90 GTS. Compatibles con calquera tipo de volantes e pedaleiros, coa maior robustez e comodidade. Inclúe «Side Panels» dándolle un aspecto máis dinámico e moderno.

THRUSTMASTER: Ata 4 produtos. O mellor volante para consolas, o volante T-GT oficial de Gran Turismo, e tamén el add-on de Ferrari F1 para conducir monoprazas. Os novos auriculares T.Racing Scuderia Ferrari Edition compatibles con tódalas plataformas, y BT Led Display, unidade inalambrica de visualización para ter toda a información ao alcance dunha ollada. Teremos competicións de FIFA 19, un clásico entre os eSports que conta con máis de 19 millóns de xogadores a nivel mundial e subindo.

Supercompeticións de escuderías – SCE

Terceira edición da mellor competición de simracing de GT SPORT organizada por MundoGT. Actualmente estase disputando a liga de grupos para determinar quen se clasificará para a final presencial. Importantes equipos como Williams, Vodafon Giants ou MSI eSports están a competir por unha praza. O torneo terá lugar o sábado 6 de abril desde as 16:00 horas e o domingo 7 desde as 9:00 horas, no Liceo de Ourense.

Supercompetición de Fórmula 1 – SF1

A  SF1 é a competición de F1 co xogo oficial, onde os pilotos e equipos profesionais demostrarán que son os mellores do panorama nacional conducindo os seus bólidos a toda velocidade. É outro dos torneos de máis prestixio do simracing e que teremos a oportunidade de ter as súas finais na cidade de Ourense. Seráo sábado 6 de abril desde as 16:00 horas e o domingo 7 desde as 9:00 horas, no Liceo de Ourense.

FIFA 19

Torneo de fútbol virtual. Prazas limitadas a 64 xogadores. Con casters e streaming. Premios Bermello: 1º clasificado: PS4  slim; 2º clasificado: mando  dualshock + PSN 20€, e 3º clasificado PSN 50€.

FORTNITE

O videoxogo do momento, con máis de 16 millóns de  players en todo o mundo. O torneo será retransmitido en streaming con casters profesionais. Prazas limitadas a 128 xogadores. Premios Bermello: 1º clasificado: PS4 slim; 2º clasificado: mando dualshock + PSN 20€; 3º clasificado PSN 50€.

DIRT 2.0

Torneo casual para todos os interesados en probar este simulador de rally. Podes levar o control dun WRC, un Grupo B ou do coche que máis che guste para derrotar aos teus rivais. A data é o venres 5 de abril, a partir das 16:00 horas e o sábado 6 a partir das 10:00 horas, no Liceo de Ourense.

Charla-coloquio

O venres 6 de abril, ás 11.30 horas, no Liceo, o eSports comeza cunha charla-coloquio sobre “Videoxogos: dos riscos ás oportunidades” dirixido aos centros educativos, para mozos de entre 12 e 17 anos. A conferencia estará dirixida por José Luis Montiel Castaño, licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Médico na Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e xogador de videoxogos. A través de Gaiás Gaming, que organiza actividades en torno a videoxogos, quere fomentar o uso responsable e advertir sobre os riscos do seu mal uso ou abuso. Tamén participará como relator Alfonso Rodríguez Iglesias, fundador de MundoGT, referente en España de competicións virtuais de automobilismo, e creador doutras plataformas dixitais orientadas as E-Sports. Traballou coas feiras de gaming máis importantes e ademais é comentarista (caster) de varios xogos. Actualmente recolle as actividades das súas marcas baixo a súa empresa “Paraíso Gamer”.