A Milla Urbana percorrerá o centro de Ourense por a loita contra o cancro

0

 

O Consello Municipal de Deportes acolleu, esta mañá, a presentación de Ourense Milla Solidaria 2017, organizada polo Club Deportivo Aurum en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e do Concello de Ourense. Trátase dunha carreira popular pedestre que se disputará en Ourense o vindeiro domingo, 30 de abril, na rúa do Paseo, sobre un circuíto homologado pola RFEA.

 

Circuítos adaptado ás diferentes idades

 

Ourense Milla Solidaria 2017 desenvolverase na rúa do Paseo de Ourense, no tramo comprendido entre a rúa Concordia e o Parque de San Lázaro, nun circuíto homologado pola RFEA no que 4 voltas completarán a distancia dunha milla, 1.609,34 m. O número de voltas e distancia a percorrer adaptaranse segundo a categoría. Poderán participar nesta proba atletas federados e atletas populares. As inscricións estarán abertas até o 26 de abril de 2017 ás 20:30 h. A recollida de dorsais farase no Centro Municipal José Ángel Valente o mesmo día da proba dende as 10:00 h.

 

Pero é, sobre todo, unha iniciativa solidaria: Todos os ingresos en concepto de inscrición serán destinados á «Asociación Española Contra o Cancro», unha entidade non lucrativa que lidera o esforzo da sociedade española para diminuír o impacto desta enfermidade e mellorar a vida das persoas.

 

Foto: Ramsés Torres