A Guía Smart Rugby foi entregada a 13 clubes galegos

    0

    O proxecto Smart Rugby, desenvolvido no marco do programa europeo Erasmus + Sport e cofinanciado pola Comisión Europea, está chegando á súa fase final e, aproveitando a celebración da IX Concentración de Escolas de Rugby de Lugo que tivo lugar o sábado 22 de outubro, levouse a cabo a presentación e entrega da Guía Smart Rugby a 13 clubes galegos.

    A entrega da Guía foi realizada por Manuel Dapena y Rubén López, representantes da Federación Galega de Rugby, Efrén Castro Caloto, Diputado de Deportes de Lugo, Isabel Móyer, presidenta do Muralla Rugby Club, Tiago Azevedo, coordinador técnico da Associação de Rugby do Norte (Oporto, Portugal) e Alin Miclăuș y Ioana Miclăuș, representantes da ASC Rugby Cluj Junior (Cluj-Napoca, Rumanía).

    O proxecto, que leva en marcha dende xaneiro de 2021 e remata en decembro deste ano, centrouse na investigación e desenvolvemento dunha ferramenta educacional para o desenvolvemento de habilidades personais y sociais de rapazas e rapaces menores de 12 anos a través do rugby.

    No acto de presentación que se celebrou o sábado en Lugo entregouse unha Guía Smart Rugby a cada un dos clubes participantes.

    Ademáis, habilitouse unha carpa como  espazo de información onde pais/nais, profesores/as e adestradores/as puideron conversar e cambiar opinións cos membros do proxecto. Na páxina web tamén foi habilitada a sección onde se poden descargar estas unidades didácticas de forma gratuita.

    Previo á celebración da IX Concentración de Escolas de Lugo, a partir das 9:00h os socios galegos, portugueses e rumanos do proxecto reuníronse no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para celebrar a cuarta e última reunión transnacional do proxecto Smart Rugby.

    O proxecto Smart Rugby está liderado pola Federación Galega de Rugby e conta co Muralla Rugby Club, o clube de rugby local de Lugo, entre os membros participantes, ademais da Associação de Rugby do Norte (Oporto, Portugal), o ASC Rugby Cluj Junior (Cluj-Napoca, Rumanía), e o RFC Sumi XV (Cortegada, España)

    Para máis información: smartrugby.eu@gmail.com