A Gala do Deporte Feminino Galego fai un canto unánime á igualdade e premia en Vilagarcía o enorme talento das mulleres deportistas

A Deputación de Pontevedra recibiu o premio de “Institución pública amiga do deporte feminino” pola súa promoción da igualdade en todas as disciplinas deportivas.

0

 

Por la provincia de Ourense destacaron los dos premiados, la Escuela de Fútbol Femenino Rosalía, que recibía el premio a la «Mejor iniciativa a prol del deporte femenino» y Zulema González, que recibía, por su parte, el de «Mejor árbitra».

Los representantes de Ourense, Zulema González, Alba Rodríguez y Mario Gómez de la EFF Rosalía.

Alba Rodríguez, encargada de recoger el premio para la EFF Rosalía, se mostraba «muy orgullosa para nosotras de recibir este premio y un aliciente para seguir trabajando como hasta ahora por y para las niñas, con el único objetivo de este club que es que las niñas tengan las mismas oportunidades que los niños para hacer el deporte que les gusta, en este caso el fútbol».

A su vez, Zulema González, recibía el premio como mejor árbitra. Premio que destaca su trayectoria en los últimos años destacando en sobremanera en convertirse en la primera árbitra gallega de fútbol internacional.

 

Por su parte, para Zulema también «Es un honor recibir el premio de una asociación que impulsa y realza el deporte femenino gallego como lo hace MUDEGA y sin duda me hace feliz como árbitro, como deportista y como mujer».

 

Pontevedra, 3 de maio de 2019.- Os VII Premios do Deporte Feminino Galego encheron hoxe o Auditorio Municipal de Vilagarcía de éxito, talento, esforzo e igualdade. Preto dunha vintena de mulleres deportistas e entidades vinculadas a este ámbito foron galardoadas na gala organizada pola Deputación de Pontevedra e impulsada pola Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (Mudegá), un evento que ten por obxectivo darlle máis visibilidade aos triunfos que cada ano colleita o deporte feminino galego para que sexa máis recoñecido pola sociedade. A Gala converteuse tamén nun canto unánime á igualdade que estivo presente nas intervencións das autoridades asistentes como o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, a presidenta de Mudegá, Mercé Barrientos, o secretario xeral do Deporte, Lete Lasa, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

Silva, que recolleu o premio á “institución pública amiga do deporte feminino” pola súa promoción da igualdade en todas as disciplinas deportivas, quixo nomear a cada unha das deportistas premiadas “porque o que non se nomea non existe”. A presidenta lembrou “o moito que nos custa todo ás mulleres e especialmente no deporte, para acadar o que nos pertence, porque somos o 52% da poboación e queremos a metade de todo. É querémolo agora, engadiu, porque xa son chegados os tempos”. Carmela Silva sinalou que “o deporte tivémolo vetado pero tamén é certo que cando chegamos somos unha forza imparable. Os grandes éxitos deportivos no noso país teñen nome de muller, o medalleiro ten nome de muller, aínda que non ocupemos os espazos mediáticos que merecemos”. Silva agradeceu a Mudegá o seu traballo “para que esta gala se realice, a gala máis importante que se fai orque amais de recoñecer a mulleres potentísimas, é un berro reivindicativo que aínda é necesario e que será necesario algún tempo máis. Temos avanzado moito, dixo, pero ese avance ten que ser o noso impulso para seguir a loitar“

Ao longo do gala entregáronse galardóns en quince categorías que premiaban distintos aspectos deportivos. A atleta ribeirense Ana Peleteiro foi proclamada “Mellor deportista feminina” e recoñeceuse o seu gran salto internacional no 2018, ano en que logrou a medalla de bronce no Mundial de Pista Cuberta de Birmingham e o bronce no Europeo ao aire libre de Berlín. As xogadoras de fútbol Tere Abilleira e Malena Mieres, campioas de Europa sub 19, foron premiadas como “Mellor deportista feminina galega”. A longa carreira deportiva de Nieves Gamallo recoñeceuse co “Premio á traxectoria”, por ser todo un referente no balonmán feminino galego, no que foi xogadora, adestradora, delegada e fundadora dun club. En canto á categoría de “Mellor deportista feminina con diversidade funcional” a galardoada foi Susana Rodíguez Gacio tras coroarse como campioa do Mundo de paratríatlon en Gold Coast e subcampioa de Europa.

O premio ao “Mellor equipo feminino” foi para ao Atlético Guardés, que acadou o título da Liga na máxima categoría do balonmán feminino en 2017 e, ao ano seguinte, quedou como segundo clasificado. O galardón a “Mellor club” recolleuno o Cidade de Lugo Fluvial polos seus éxitos no 2018: Campioas da Liga Nacional de Clubs de Tríatlon, campioas de España de Dúatlon por clubs, campioas da Copa do Rei de tríatlon e sextas no Campionato de Europa de Tríatlon por clubs.

Carla Abad foi recoñecida como “Mellor adestradora do deporte feminino” , ao ser a técnica de Balonmán Cañiza e seleccionadora galega infantil feminina, coa que acadou a medalla de bronce no campionato de España 2018. Zulema González, galega de Terceira División e árbitra da primeira categoría de fútbol feminino, converteuse na “Mellor árbitra”. Tamén a directiva do Burela F.D. obtivo o recoñecemento de “Mellor directiva” por facer historia ao asinar o primeiro convenio colectivo de fútbol sala feminino. Ademais, o premio a “Medio de comunicación amigo do deporte feminino” concedeuse ao Faro de Vigo e ao Diario de Pontevedra.

O premio para a “Entidade privada máis colaboradora co deporte feminino” foi para Rodosa, unha empresa que patrocina tanto a deportistas como a clubs femininos e eventos deportivos. O de “Institución pública amiga do deporte feminino” foi para a Deputación de Pontevedra, pola promoción do igualdade no deporte. En “Mellor iniciativa a prol do deporte feminino” o premio recaeu na Escola de Fútbol Feminino Rosalía (Ourense), fundada en 2018 para dar saída a todas esas nenas que queren xogar ao fútbol e non atopaban acomodo noutros clubs.

No transcurso da gala, tamén se fixo entrega dunha mención especial á esgrimista Judith Rodríguez, que o pasado ano, volvendo da disputa dun campionato, sufriu un grave accidente de tráfico, do que se está a recuperar. Ademais, a título póstumo, o deporte feminino galego homenaxeou a Manuel González Soto, ex presidente do Chapela de balonmán, pola súa aposta polo balonmán feminino, e a Micalea Sinde, que levou a bandeira galega ata o Polo Norte e apostou polo deporte na loita contra a enfermidade.