A FGT entrega material de protección a todos os clubs galegos

0

Comezou xa a entrega do material de protección e desinfectante que a Federación Galega de Taekwondo aportará a todos os clubs galegos para afrontar este complicado período de desescalada do COVID-19.

Desta forma, a finais da semana pasada iniciouse  o reparto dos lote de produtos  aos case 60 clubs repartidos por todo o territorio galego. O lote conta cun termómetro corporal sen contacto; 2 frascos de 500 ml con dosificador e unha garrafa de 5 litros de xel desinfectante de mans; 1 pulverizador de un litro e unha garrafa de 5 litros de desinfectante de superficies; 2 bobinas de papel mecha, pantallas de protección individual para o 50% das licenzas de cada club e unha alfombra desinfectante para o acceso ao centro.

Esta foi una das medidas aprobadas pola comisión delegada da federación para axudar aos clubs neste complicado momento. Esta compra de material forma parte do plan de desescalada realizado por un comité de expertos e que foi aprobado pola Federación Galega. Neste proxecto se establecen os prazos e as medidas de seguridade a tomar tanto no caso dos clubs como a nivel de seleccións galegas ou de deportistas DGAN e dos que se atopan nos Centros de Alto Rendemento.

Neste plan de regreso gradual e coas medidas necesarias para garantir a seguridade de deportistas, técnicos/as e xuíces, a Federación Galega tamén actuará como mediadora ante as administracións competentes para que o tecido asociativo do taekwondo galego poida afrontar o impacto económico provocado por esta crise mundial.

Unha das prioridades da Federación durante estes case xa tres meses é traballar de forma intensa na formación e promoción, coa posta en marcha de diferentes torneos online de forma gratuíta, así como de varios cursos de formación online, que sen dúbida algunha asegurarán un futuro mellor para o noso taekwondo. Os torneos están a ter un gran seguimento e continuarán nas próximas semanas.

Nota de prensa de la Federación Gallega de Taekwondo