A Federación Galega de Atletismo cumple 100 anos de historia

0

O día de hoxe é un día moi especial. A Federación Galega de Atletismo celebra a súa Asemblea Xeral na Cidade da Cultura de Santiago e o fai precisamente no día onde se celebra o seu centenario da súa constitución.

Fai nada menos que un século que se constituía a Federación Galega de Atletismo cuxo cometido sería desde entón a organización, regulación e xestión dun deporte que xa contaba con notoria importancia e que viña de establecer a creación apenas dous anos antes, da Real Federación Española de Atletismo.

O ano de 1921 foi a nivel internacional un ano que marcaba o comezo dunha década na que comezaba a percibirse no ambiente social un cansazo de desgrazas, e unhas ganas xeneralizadas de ilusión, esperanza e optimismo.

O mundo acababa de saír tanto dunha gran contenda mundial, como dunha gran pandemia, e estaba desexoso dun novo modelo de vida e sociedade. Con todo, as axitacións sociais e políticas estaban á orde do dia marcando a axenda dun país, España e dunha futura comunidade autonóma, Galicia de maneira importante.

Neste contexto de axitación, de cansazo e de optimismo organizouse no Campo de Coya de Vigo, no ano 1921 o primeiro Campionato de España en Galicia de Atletismo sendo Guillermo Moreira do Comesaña S. C. na proba dos 400 m. o primeiro atleta galego en conseguir un título nacional. Precisamente con anterioridade a esa época, existía xa un puxante tecido atlético, como consecuencia do cal no ano 1915, creábase o decano dos clubs galegos, o Comesaña S. C. Xunto a el contaban con actividade o Real Fortuna, o Xermania, o Español ou o Real Vigo, por citar só algúns.

Con todos estes precedentes nos salóns da Sociedade Coral de La Oliva, un 27 de abril e sendo as 21.00 horas, D. Manuel de Castro, D. Enrique Banlle e D. Joaquín Freixeiro, como persoas encargadas de levar a cabo os preliminares para a Consititución da Federación Galega de Atletismo e D. Fernando Montero, D. Antonio Cuiñas, e D. Antonio Teijeiro como Delegados de clubs, poñen en vigor os estatutos da Federación Galega de Atletismo pola que se nomea como primeiro Presidente a D. Enrique Bantle.

Desde entón, 16 presidentes foron os encargados de presidir esta entidade que dende o día de hoxe pasa a forma parte do grupo das ¨centenarias¨.

1921  Constitúese a Federación Galega de Atletismo
1921-1924  Enrique Bantle (Vigo)
1924-1927  Joaquín Rodríguez de las Cuevas (Vigo)
1927-1928  Manuel de Castro González (Vigo)
1928-1928  Tomás Mirambell Maristany (Vigo)
1928-1929  Joaquín Freijeiro Suárez (Vigo)
1929-1931  Juan Baliño Ledo (Vigo)
1931-1933  Ángel Bernárdez Losada (Vigo)
1933  Disólvese a Federación Galega de Atletismo
1934-1935  Cipriano A. Braña Merino (Vigo)
1935-1935  Enrique García Rincón (Vigo)
1935-1941  Secundino Álvarez Tomé (Vigo)
1941-1944  Rafael Picón Cañeque (Pontevedra)
1944-1944  Avelino García Fernández (Pontevedra)
1944-1947  Faustino Álvarez Álvarez (Vigo)
1947-1957  Cristino Álvarez Hernández (A Coruña)
1957-1958  Ramón Vidal Barja (A Coruña)
1958  Provócase a división en Federacións Provinciais
1984-2006  Sergio Vázquez Gómez (A Coruña)
2006-Actualidade  Isidoro Hornillos Baz (A Coruña)