A Federación Galega de Atletismo abre a rolda de reunións ca Xunta de Galicia

0
jose ramon lete participa na presentacion da memoria de sostibilidade 2011 foto: ana varela

 

No día de mañá comezarán unha serie de reunións por vídeo‐conferencia entre o Secretario Xeral para o Deporte Jose Ramón Lete e o seu equipo, cas cincuenta e oito Federacións Deportivas Galegas, encamiñadas á revisión dos convenios bilaterais asinados por cada un delas co organismo Autonómico logo das importantes modificacións deportivas que se están a producir neste ano 2020

A Federación Galega de Atletismo será precisamente quen abra esta importante reunión á fronte da cal estará o seu presidente Isidoro Hornillos, o Secretario Xeral Carlos Castro e a Tesoureira Yolanda González.

O obxectivo principal será o de analizar en común os distintos aspectos asinados do convenio entre os que se atopan:

  • Análise da execución do convenio de colaboración coa Secretaría Xeral (actividade e orzamento) e previsión ata final de ano.
  • Competición deportiva: Previsión final de temporada 2019/2020 e inicio da temporada 2020/2021
  • Vixencia do Seguro 6‐16 anos
  • Rogos e preguntas.

Para elo, e durante os últimos días, vense de elaborar e preparar un extenso informe onde se xustifica cada un dos puntos asinados e onde do mesmo xeito, exporanse unha serie de propostas e medidas que serán analizadas por ambos equipos de traballo.