A Escola Lubiáns presenta o Trofeo Concello de Carballo

0

A Escola Lubiáns presenta o Trofeo Concello de Carballo que se disputará este sábado 9 de Outubro ás 19.30h terá lugar no pavillón Carballo Calero, un torneo amigable de categoría Senior no que o Calvo Escola Lubiáns enfrontarase ó HC Telecable Gijón. Rival que tamén se atopa encadrado no grupo Norte da Ok Liga Bronce.

Os carballeses afrontan este encontro con moitas ganas, será o último partido antes do comezo da Ok Liga Bronce o vindeiro Sábado 16 de Outubro na casa fronte a Oviedo Roller.

Dende o Clube agradecen enormemente ó Concello de Carballo e Carballo Deporte o esforzo e a dedicación ca que tratan de colaborar cos proxectos deportivos de Carballo.