A Escola Lubiáns de Ok Liga Bronce comezou a pretempada

0

 

O pasado Sábado 28 de Agosto un total de 2 porteiros e 10 xogadores, comezaron a pretempada da Escola Lubiáns de Ok Liga Bronce no Pavillón de Baio, cas ausencias de Javier Fuentes (motivos persoais) e Eudald Cañete (incorpórase o día 6). Así a plantilla queda conformada do seguinte xeito.

  • Porteiros: Javier Fuentes, Samu Cebeira e Diego García.
  • Xogadores: Fabián Suarez, Manuel Ruibal, Ismael Pardiñas, David Castro, Diego Vieites, Marcos Martínez, Hugo Mosquera, Steven Novo, Mikel Abeal, Eudald Cañete e Manuel Pardo.

O Concello de Carballo vén de confirmar que dende o vindeiro Luns 6 de Setembro xa Terán a súa disposición o pavillón Carballo Calero, despois da reforma integral executada durante este verán.

EQUIPOS OK LIGA BRONCE NORTE

Serán 11 participantes finalmente, de entre os cales 4 serán galegos (Escola Lubiáns, Compostela, Raxoi, Ordes), 4 asturianos (Areces, Oviedo Booling, Oviedo Roller, Telecable Gijon), 1 cántabro (RS Tenis de la Magdalena) e 2 vascos (Jolaseta e Urdaneta).

SORTEO CALENDARIO OK LIGA BRONCE

Xa temos calendario da liga nacional. A liga comezará o día 16 de Octubre ás 19.30 na casa fronte ó Roller de Oviedo e rematará o día 28 de Maio na casa fronte ó Telecable Gijon. Finalmente serán un total de 26 xornadas, entre as cales haberá 6 xornadas de descanso, debido á que os equipos inscritos na Ok Liga Bronce Norte finalmente son 11 e non 14 como estaba inicialmente previsto.