A Escola Basket Xiria organiza a VII edición do Día do Pequebasket

0

Nota de prensa del Escola Basket Xiria

  • O vindeiro 17 de Maio de 2019, terá lugar o VII do Día do Pequebasket en Carballo, a festa anual que organiza a Escola Basket Xiria para nenos e nenas de 5 a 8 anos, que conta xa co cartel oficial desta edición. 

   O Cartel oficial quere representar a importancia destacada dos nenos e nenas nesta xornada, así como facer un guiño ó día das letras Galegas, co Taboleiro de Baloncesto coa bandeira de Galicia. Tamén se fai referencia á vila de Carballo a través das follas de Carballo que flotan polo cartel. Amosamos para ver e descargar o CARTEL OFICIAL do VII Día do Pequebasket.

   A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 600 nenos/as e, en consecuencia, a 600 familias que compartirán con nós unha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión que será posible grazas á implicación de institucións como o Concello de Carballo e a Federación Galega de Baloncesto, así  á colaboración de numerosas empresas, socios dio Club e entidades ás que queremos agradecer publicamente o seu esforzo.

   A organizador do 7º Día do Pequebasket leva varias semanas traballando na programación da xornada lúdica, festiva e deportiva que se celebrará o Día das Letras Galegas e xa pronto pechará as actividades lúdicas e de lecer.

   O prazo de inscrición xa está aberto dende fai días, e xa confirmaron a súa asistencia preto de 30 equipos. Rematará o día 5 de Maio (adxuntamos novamente FICHA de INSCRICIÓN) e as solicitudes tramítanse a través da FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO, no enderezo electrónico: galicia2018@fegaba.com  e tam´ne de pode descargar a solicitude de inscrición (enlace: http://www.diapequebasket.es/wp-content/uploads/inscricion-info-DIA-PEQUEBASKET_2019_FORM.pdf, ao igual que toda a información dispoñible sobre o evento está páxina web: www.diapequebasket.es