A Diputación de Ourense aprobou as axudas para o deporte da provincia

0

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aproba axudas por valor de 145.681 euros para deporte da provincia

 

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada esta mañá no Pazo Provincial aprobou axudas por valor de 145.681 euros para os ámbitos de infraestruturas e deporte da provincia de Ourense.

En concreto, aprobou por un importe total de 59.681 euros, subvencións a concellos e mancomunidades de municipios para a organización de actividades físico-deportivas 2015. Así o informou esta mañá a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 23 de outubro.