A Deputación de Pontevedra a través do seu plan de mantenemento acondicionou 110 campos de fútbol en 53 concellos da provincia

0

Nota de prensa de la Deputación de Pontevedra

  • Esta actuación, enmarcada no Plan Estratéxico de Deporte, garante a recuperación destes espazos para estender a súa vida útil. 
  • Neste ano 2019 estase a actuar en 84 destes campos, tanto de herba natural como sintética, de 39 municipios da provincia.

A Deputación de Pontevedra, a través do seu Plan de Mantemento, acondicionou no que vai de mandato un total de 110 campos de fútbol na provincia: 35 de herba natural e 75 de herba sintética en 53 concellos. O programa, enmarcado no Plan Estratéxico de Deporte, ten por obxectivo garantir a recuperación destes espazos que, en ocasións, presentan un estado de conservación defectuoso e co obxectivo de estender a súa vida útil.

Para acondicionalos, a Deputación puxo a disposición dos municipios persoal e maquinaria para poder manter en bo estado estas instalacións. Entre elas, un tractor de forza motriz e un apeiro subsolador-varredor que permitiron, nos campos de herba artificial, a limpeza e retirada de elementos vexetais e corpos estraños que se acumularon co paso do tempo, a descompactación do céspede e/ou a carga mediante maquinaria especializada que incrusta púas de goma vibrantes, o cepillado da cuberta artificial e o recebo mediante a reposición de area ou caucho con axuda da maquinaria especializada.

No campos de herba natural, o persoal da Deputación traballou cun tractor que achega forza motriz e apeiros pinchadores, escarificadores e sementadores que permitiron o escarificado para aumentar a densidade da herba, o pinchado da superficie para o aireado da terra e sementado.

Ademais, este ano tamén se está a actuar en 84 campos de fútbol de 39 concellos de provincia. En concreto, nos 29 de herba natural remataron os traballos de pinchado a excepción dos de Barcia (Lalín), San Mateo (Ponteareas) e A Gándara (Salceda). Nestes momentos tamén se están levando a cabo melloras nalgúns dos 55 campos de herba sintética nos que está previsto actuar. Cando rematen estas labores, iniciaranse os traballos de escarificado.