A Deputación de Ourense destina máis de 290.000 para temas de deporte, infraestruturas e medio ambiente

Na reunión tamén se aprobou a concesión de bonificacións nas tarifas por uso das instalacións na tempada 2018-2019 do Pazo dos Deportes "Paco Paz".

0
Rolda de prensa da xunta de goberno da Deputaión de Ourense, realizada polo Deputado Provincial - Pablo Pérez.

 

Ourense, 5 de abril de 2019.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada esta semana un total de 292.448 euros para axudas a entidades e concellos da provincia de Ourense para o desenvolvemento de iniciativas en materia de deportes, infraestruturas e medio ambiente.

Así o informou o Deputado Provincial de Cooperación, Pablo Pérez, quen deu conta hoxe dos acordos adoptados pola dita Xunta, correspondentes ao venres 5 de abril de 2019..

No ámbito deportivo, na reunión aprobouse unha axuda para a Real Federación Gallega de Fútbol, por importe de 48.500 euros, para a Copa Deputación de Fútbol e Fútbol Sala 2019. Para o Club Deportivo Cultural Ribeiro aprobou unha axuda de 38.000 euros para os gastos de funcionamento e mantemento do club correspondentes á tempada 2018-2019. Así mesmo, na reunión aprobouse unha emenda de erro material no concurso para a concesión de axudas a deportistas cualificados en modalidades deportivas individuais correspondente á tempada 2017-2018.

En materia de deportes, a Xunta de Goberno aprobou a concesión de bonificacións nos prezos públicos polo uso das instalacións deportivas na tempada 2018-2019 do Pazo dos Deportes «Paco Paz» nas porcentaxes e nas entidades deportivas que se indican: o Club Baloncesto Valenzá (45%), o Club Escola Ximnasia Burgas (90%), o Club Burgas Voleibol (45%), as Escolas Deportivas Ourense Fútbol Sala (20%), o Club Marusia Ximnasia (100%), o Club Tenis de Mesa Academia San Mamed Ourense (60%), a Asociación Aixiña (100%), a Asociación AODEM (100%), a Asociación dano cerebral Renacer (100%), Special Olympics Galicia – Xogos Autonómicos de Fútbol-Sala (100%). Así mesmo, as Copas Deputación da tempada 2018-2019 gozarán tamén dunha bonificación do 100% polo uso destas instalacións.