A Clínica David Mariña incorpórase ao corpo médico do Burela

0

 

O experto en Psiconeuroinmunoloxía Clínica David Mariña e a enfermeira Natalia Fernández son as últimas incorporacións do corpo médico que coida a saúde das Guerreiras Laranxas. A clínica burelá, sita na avenida Arcadio Pardiñas, número 103, brinda ao Pescados Rubén Burela FS un servizo integral de fisioterapia e osteopatía, tras anos de experiencia e formación continua.

A psique, a alimentación, o exercicio, o estilo de vida, a enerxía e o biorritmo son as claves para unha saúde óptima; os hábitos de vida poden estar detrás dos mecanismos de acción dunha patoloxía. “O noso obxectivo primordial é mellorar a saúde e calidade de vida das xogadoras e con iso o seu rendemento deportivo.

A través da Psiconeuroinmunoloxía, deseñamos un plan de intervención personalizado, con estratexias preventivas e/ou terapéuticas de tolerancia ao estrés, baseadas na mellora de hábitos nutricionais, prescrición de actividade física específica, se fose necesario, regulamento do seu biorritmo, o descanso”, explicaba  o fisioterapeuta e osteópata, con máster en Condicionantes Xenéticos, Nutricionais e Ambientais do Crecemento e Desenvolvemento.

“A partir dos hábitos de vida de nutrición, descanso, emoción… cada deportista ten unha folla de ruta que repercute en beneficio do rendemento de alto nivel, cun seguimento exhaustivo” achegaba así David Mariña o seu labor cos xogadoras laranxas dende hai xa algunhas semanas.