De este xeito, a proba organizada polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense comezará ás 11:00 horas para nenos e nenas nacidos dende o ano 2011 e inscritos na categoría de Pitufos, que percorrerán unha distancia de cen metros.
Cinco minutos máis tarde sairán os corredores das categorías Benxamín Sub10 (nacidos nos anos 2009 e 2010) e Alevín Sub12 (2007/2008).
Ás 11:15 horas será a quenda das categorías Infantil Sub14 (2005/2006) e Cadete Sub 18 (2003/2004)
Ás 11:30 horas sairán o resto das persoas inscritas na carreira absoluta.