A APSX Sagrado Corazón de Lugo organiza, un ano máis, o seu Clínic de Baloncesto «Lugo é Basket – Hierros Ferreiro». A cita, con sede na cidade de Lugo, terá lugar o vindeiro sábado, 7 de setembro.
O protagonista nesta edición do Clínic, a décimo sexta de xeito consecutivo; será Salvador Maldonado, adestrador máis que recoñecido no panorama nacional, con ampla experiencia na Liga ACB (Joventut, Estudiantes, Gran Canaria,…).
A actividade, que será similar a do ano anterior, estará orientada á base do baloncesto, pero co obxectivo de achegarse tamén aos adestradores profesionais a través dun completo programa que comtempla 4 charlas de 90 minutos e unha mesa redonda dunha hora. Serán en total 7 horas adicadas as charlas e debate. Haberá tamén unha comida conxunta cos adestradores de 14 a 16 horas.
O programa será o seguinte:
XVI Clínic “Lugo é Basket – Hierros Ferreiro (07/09/19)
10:00 h – Presentación e entrega de material.
10:15 h – Construcción da defensa en categorías inferiores – Isaac Pujol.
11:35 h – Paso 0. Novos recursos en paradas e finalizacións. David Barrio
12:55 h – Xogo rápido – Salva Maldonado.
16:30 h – Enriquecer tareas. Ideas aplicadas en siglo XXI. Isaac Pujol
18:00 h – Obxectivo…Rebote!. Salva Maldonado
A asistencia á totalidade do clínic poderá validarse por Dez horas de formación complementaria para os alumnos dos Cursos de Iniciación de Adestradores da Federación Galega de Baloncesto.
Inscrición
Todos os interesados en facer efectiva a súa inscrición, así como en obter información extra poderán facelo vía ajsc_lugo@hotmail.com
Nota de prensa de la Federación Gallega de Baloncesto