8 taekwondistas galegos disputan o Open de París

0

 

Oito taekwondistas galegos (representando aos seus clubs ou convocados pola Real Federación Española de Taekwondo) participarán esta fin de semana na 11a edición do Open de París, que reunirá a case 600 deportistas das categorías sénior e cadete.

Este torneo, da categoría G-1, contará coa participación de importantes deportistas polo que será unha boa proba para as e os nosos deportistas. Os convocados pola Federación Española tentarán sumar puntos para poder continuar competindo en probas importantes, que son as que dan puntos para o ránking mundial, coma esta.

A competición sénior celebrarase o sábado 14, mentres que o domingo será o momento dos júnior.

 

 

 

Captura de pantalla 2015-11-13 15.39.12