A Federación Galega de Baloncesto comunica as listas definitivas dos 48 xogadores que representarán a Galicia no Campionato de Seleccións Autonómicas Cadetes e Infantís. Así mesmo, a FEB dá a coñecer o Calendario de Competición desta cita. (Huelva entre o 3 e o 7 de xaneiro de 2016)
|
Para esta cita nacional, a celebrar en Huelva entre o tres e o sete de xaneiro de 2016, a Área Deportiva da FGB convoca a 12 xogadores e 12 xogadoras por cada combinado autonómico, acompañados nesta viaxe deportiva tan especial polos seus cadros técnicos correspondentes.
Os datos de todos eles, os cales conforman unha expedición dun total de 48 xogadores, 12 técnicos e 2 fisioterapuetas, poden consultarse nos listados oficiais que a continuación engadimos. Así mesmo, na tarde de hoxe, danse a coñecer tamén os Calendarios que afrontará cada unha das nosas Seleccións no Campionato.
Por parte ourensana están convocados:
- Paula Álvarez Vázquez ( Bosco Salesianos) Infantil Femenina
-
Marcos Morales Maus (Blanco Amor) Infantil Masculino
- Ángel Pascual Rodriguez (Blanco Amor) Infantil Masculino
- Marta González Pereira ( Carmelitas) Cadete Femenino
- Carlos Bouzo Blanco ( Blanco Amor) Cadete Masculino
Listas definitivas e calendario do Campionato
- Selección Galega Infantil Feminina 2016
- Selección Galega Infantil Masculina 2016
- Selección Galega Cadete Feminina 2016
- Selección Galega Cadete Masculina 2016
- Campionato de España de Seleccións Infantís
- Campionato de España de Seleccións Cadetes