4ª Reunión Transnacional do Proxecto «Smart Rugby» en Lugo

    0

    SMART RUGBY, convídanos a 4ª Reunión Transnacional do Proxecto «Smart Rugby» en Lugo e a presentación da sua Guía Smart Rugby.

    Dende Smart Rugby convidamos a todos os medios que desexen asistir á presentación da Guía Smart Rugby o vindeiro Sábado, 22 de Outubro de 2022, no Estadio Gregorio Pérez Rivera (Lugo) as 13:00h para a Entrega da Guía aos Clubes

    O proxecto Smart Rugby, desenvolvido no marco do programa europeo Erasmus + Sport e cofinanciado pola Comisión Europea, chega á fase final e levará a cabo a presentación da Guía Smart Rugby o vindeiro sábado 22 de outubro no Estadio Gregorio Pérez Rivera, coincidindo coa celebración da IX Concentración de Escolas de Rugby de Lugo.

    O proxecto, que leva en marcha dende xaneiro de 2021 e remata en decembro deste ano, centrouse na investigación e desenvolvemento dunha ferramenta educacional para o desenvolvemento de habilidades personais y sociais de rapazas e rapaces menores de 12 anos a través do rugby.

    No acto de presentación que se celebrará en Lugo o sábado 22 de outubro entregarase unha copia da Guía Smart Rugby a cada un dos clubes participantes e habilitarase unha carpa como  espazo de información donde pais, profesores/as, adestradores/as poderán conversar e cambiar opinións cos membros do proxecto. Na páxina web do proxecto tamén hai habilitada unha sección onde, a partir do día 22, se poderán descargar estas unidades didácticas de forma gratuita.

    Previo á celebración da IX Concentración de Escolas de Lugo, a partir das 9:00h os socios galegos, portugueses e rumanos do proxecto reunirse no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para celebrar a cuarta e última reunión transnacional do proxecto Smart Rugby.

    O proxecto Smart Rugby está liderado pola Federación Galega de Rugby e conta co Muralla Rugby Club, o clube de rugby local de Lugo, entre os membros participantes, ademais da Associação de Rugby do Norte (Oporto, Portugal), o ASC Rugby Cluj Junior (Cluj-Napoca, Rumanía), e o RFC Sumi XV (Cortegada, España)

    Para máis información: smartrugby.eu@gmail.com