4 galegos convocados para o Mundial Júnior e dous preseleccionados

0

Galicia poderá estar representada por ata seis deportistas no Campionato do Mundo Júnior, que se celebrará en Túnez do 9 ao 13 de abril. Nestes intres catro galegos (Pablo Patiño, Arlet Ortiz, Alba Vidal e Ana Dosil) xa están clasificados e Unai Silva e Tania Castiñeira terán que facer este xoves unha preselección para conseguir a súa praza.

A preselección realizarase este xoves en Madrid a primeira hora da tarde. En -68 masculino Unai Silva (Mace Sport) enfrontarase ao canario Jesús Moreno nesa loita por unha praza para o Mundial júnior. Pola súa banda, no peso pesado, Tania Castiñeira (Hebe) terá que derrotar a Ana Martos (Cataluña) para poder acudir ao Mundial de Túnez. Tanto Unai coma Tania foron bronce no Campionato de España, pero lograron un magnífico resultado no Open de Holanda (Tania foi ouro, mentres que Unai prata) esta fin de semana, que tamén era clasificatorio para o Mundial júnior, mentres que os seus contrincantes non renderon a un bo nivel.

Os que xa están confirmados son Pablo Patiño (-63, Patiño), Arlet Ortiz (-52, Mat’s), Alba Vidal (-55, Jido) e Ana Dosil (-63, Natural Sport). Todos eles lograron proclamarse campións de España júnior e están a demostrar que son os mellores no seu peso.