#Cantera || Galicia brilla no Campionato de España de Pentatlón Moderno

Cinco ouros, cinco pratas e un bronce, no Campionato de España de categorías menores de Péntatlon Moderno

0

Este domingo celebrouse en Santander o Campionato de España de categorías menores de Péntatlon Moderno. Galicia, que acudiu a cita con 16 deportistas das categorías benxamín, alevín e infantil, acadou magníficos resultados. En total houbo cinco ouros, cinco pratas e 1 bronce.

Na categoría infantil (under 15) masculina, Óscar López logrou proclamarse campión de España, mentres que Iván Regofoi prata. Na categoría feminina, o ouro foi para Claudia Gámez, con Mercedes Vila na segunda posición.

En alevín (under 13 anos) Mencía Rego logrou o título de campioa de España na categoría feminina, con Verónica Álvarezno segundo posto do podio. Na masculina, Manuel Cobas foi cuarto clasificado.

En benxamín feminino (U 11) Mireia Vázquez logrou a medalla de ouro, mentres que Mireia Vila foi cuarta clasificada; Carla Cortón, quinta e Elia Sánchez, sexta. Na proba masculina, Leo Sánchez conseguiu a medalla de prata, mentres que Héctor López foi cuarto clasificado.

Por último, en prebenxamín, podio completamente galego. Thalia Lobina foi ouro, Ariadna Maira conseguiu a prata e Lucía Méndez, bronce.