[alert type=”success”]

  • Abrirán a competición os rapaces menores de 8 anos este mesmo sábado, e os de categoría absoluta competirán até o 5 de xaneiro.

  • Mestres internacionais coma Iván Salgado iniciáronse en Barrocás. Este ano estarán os irmáns Gómez Diéguez, Gabriel Roma ou Martín Gómez, entre outros, nunha cita que conmemora a figura de Manuel Villar.

[/alert]

 

O Torneo Aninovo de Barrocás chega á súa edición número 32 este Nadal reunindo nos locais da asociación de veciños máis de 200 participantes de todas as idades e conmemorando, xa por sétimo ano, a figura de Manuel Villar. Na presentación desta actividade, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, reivindicou “a inclusión da materia do xadrez na oferta educativa pola súas vantaxes para a formación integral dos máis pequenos”, que serán precisamente os que abran o torneo este sábado 24 (categorías sub10, sub12 e sub8, xa pola tarde), mentres que a competición absoluta será a partir do vindeiro sábado 26 de decembro e até o 5 de xaneiro. 

Malia que os organizadores do torneo destacan o carácter “lúdico e familiar do torneo”, en palabras da presidenta da AVV Barrocás, Nieves Díaz, o Aberto de Aninovo é canteira de grandes figuras do xadrez coma o propio Elías González, responsable técnico do torneo. Pero tamén de Iván Salgado, mestre internacional, e doutros novos valores deste deporte que xa confirmaron a súa presenza: os irmáns Adrián e Diego Gómez Diéguez, o xuvenil Gabriel Roma ou Martín Gómez, que vén de disputar o campionato de Europa en Grecia. 

De igual forma se manifestou o concelleiro de Deportes, Mario Guede, que cualificou o Aberto coma “un instrumento social, educativo e de transmisión de valores para que o deporte sexa base da formación de todos os rapaces” 

O calendario completo e o regulamento do torneo podes atopalo aquí.

Comentarios