32 medallas para os máster galeg@s no Campionato nacional

0

 

Xunto ó resto de compiticións, tamén nesta fin de semana os nosos máster desenvolverían o seu Campionato de España de Pista Cuberta Máster en Valencia onde voltarían cun sobresainte balance total de 32 medallas (17 ouros, 9 pratas e 6 bronces) así como cun total de sete novos récords autonómicos e un do campinato.

Entre estes importantes logros, destacan a excelente actuación de Emilia Mesa do Ourense Atletismo, quen conseguiría un total de tres títulos nacionais na categoría F65 sobre o peso, lonxitude e 60 m.

Cristina Estévez do A.F. Celta na F40 en altura e pentathlon; Esther Pedrosa do Playas de Castellón na F55 nos 800 m. e 1.500 m. así como Antonio Gude do Lucus na M45 nas probas de 1.500 m. e 3.000 m. (con récord galego sobre os 1.500 m.) e Flora Josefa Gúzman do Comesaña na F70 nos 60 m. e 200 m., completarían esta lista de multi campións de España no que ademáis, a relación do resto de medallistas e plusmarquistas, quedaría da seguinte maneira: