3 puntos baixo a neve para o Celta | (Alavés 1-2 Celta)

0

FICHA TÉCNICA

Deportivo Alavés 1-2 RC Celta

Aliñación Deportivo Alavés: Sivera, Tachi, Miazga, M. Sylla, Tomás Pina, Guidetti, Saúl, Manu García, Pellistri, Iván Martín, Miguel de la Fuente e Javi López.

Aliñación RC Celta: Dituro, Kevin, Aidoo, Araújo, Galán, Beltrán, Brais Méndez, Denis Suárez, Nolito, Iago Aspas e Santi Mina.

Goles: 0-1, min. 10 (Santi Mina). 1-1, min. 20 (Joselu). 1-2, min. 69 (Iago Aspas p.)

Árbitro: González Fuertes

Campo: Estadio de Mendizorrotza

ANÁLISE

O Celta visitaba o campo dun rival directo co obxectivo de, polo menos, puntuar, pero volve cun botín importantísimo de tres puntos. No primeiro tempo os celestes adiantáronse por medio de Santi Mina, pero pouco despois empatou Joselo. Na segunda metade, co protagonismo da neve, a través dun penalti Iago Aspas puxo o 1-2 definitivo.

No inicio do partido, Dituro volveu lucirse detendo un intento de gol do Alavés. Porén, o que marcou foi o Celta. No minuto 10 Santi Mina puxo o 0-1 despois de que o balón petara en Lejeune e Pacheco non puidera detelo. Aínda así, a vantaxe celeste non durou moito, xa que no 20 Joselu empatou. Os celestes reclamaban falta do dianteiro galego a Dituro, pero o colexiado non sinalou nada. Antes do descanso, o Celta tería algunha que outra oportunidade para volver poñerse por diante. O goleador celeste realizou un bo lanzamento a porta tras un centro de Aspas.

highlight_image
Brais Méndez nun instante da segunda metade.
Fotografía: LaLiga Santander

O segundo tempo comezou cun susto de Araújo, xa que estivo a piques de marcar en propia meta. Máis adiante, os locais tamén avisaron cun tiro ao pau de Loum. A medida que avanzaba a segunda metade comezaba a caer máis e máis neve en Mendizorrotoza. Por ese motivo González Fuertes pediu cambio de balón, e o esférico amarelo entrou no campo. Acto seguido Aspas anotou, pero foi anulado por fóra de xogo.

Xa no 70, o colexiado sinalou un penalti a favor do Celta por man de Martín dentro da área. Nun principio, Pacheco deteu un frouxo lanzamento de Iago Aspas, pero no rexeite o moañés conseguiu marcar. Aínda que estaban con ventaxa, os xogadores celestes seguiron intentando marcar. Pacheco esmerouse para deter un cabezazo de Galhardo. Preto do desconto Dituro evitou o empate do Alavés cun lanzamento de Joselu.

Esta tempada parece que o mellor sucede fóra de casa. O Celta levaba varias xornadas empatando, era o momento xa de conseguir estes valiosos puntos e subir postos na clasificación. O vindeiro martes agarda a Copa do Rei ante o CD Ebro, un momento para os menos habituais para levar ao Celta á seguinte ronda.