27 nadadores do CN Escualos participan no Cto. Galego Máster de Inverno

0
Este fin de semana celébrase na Piscina Rías do Sur en Pontevedra o Campeonato Galego de Inverno de Natación Master. Competición que reunirá nunha fin de semana a máis de 400 deportistas dun total de 28 clubes galegos
 
O club Natación Escualos Campus da Auga cun total de 27 nadadores tentará superar o 9º posto acadado o ano pasado. As ilusions son máximas e a confianza moi alta debido ó crecemento do equipo nesta teporada e os bos resultados acadados na Liga Galega que nos colocan no ecuador da competición no 5º posto e cerca do terceiro clasificado.

A competición iniciará o sabado as 17:00 e se desarrollará en tres sesións, unha o sabado pola tarde, outra domingo pola mañá e a derradeira o domingo pola tarde.

Os nadadores como máximo poderán competir en tres probas individuais e tres por relevos.