250 afeccionados ao ciclismo de Montaña descobren a beleza natural e paisaxística ourensá na “Arnoia Termal Bike”

Os deportistas profesionais Iván Feijóo, padriño da proba, e Carlos Canal, volveron a participar nunha das probas deportivas que organiza o Inorde, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia

0
Gabriel-Alén,-Emma-González-e-Javier-Soto,-cortando-a-cinta-para-a-saída-da-Arnoia-Termal-Bike

Ourense, 19 de setembro de 2021.-A “Arnoita Termal Bike” que organiza o Inorde, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, reuniu hoxe a 250 afeccionados ao ciclismo de Montaña procedentes de 18 provincias, que descubriron a través do deporte, a beleza natural e paisaxística que ofrece a nosa provincia nesta zona. A xerente do Inorde, Emma González, estivo hoxe xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén e ao conseleliro delegado do grupo Caldaria, Javier Soto, na saída da proba que estivo encabezada polo padriño da mesma, Iván Feijóo, e o recentemente chegado de La Vuelta España, o ourensán Carlos Canal, quen non quixo volver a perderse unha das probas que se organizan na nosa provincia.

Esta proba, xunta as xa celebradas “Ourense Strade Termal” e a “Ribeira Sacra Cycling Road”, veñen a demostrar “o potencial que ten a nosa provincia para acoller eventos deportivos que contribúen a dinamizar os nosos territorios e, en consecuencia, a vida social e económica dos mesmos”, sinalou a xerente do Inorde, quen destacou tamén “a alta participación, nas probas que organiza o Inorde, de afeccionados chegados de diferentes puntos de España, o que demostra o gran atractivo turístico que ten a nosa provincia”.

Participantes-da-Arnoia-Termal-Bike-2021

A promoción de Ourense como destino de turismo deportivo é “unha das principais apostas do goberno provincial” e, ano tras ano, Ourense demostra a súa “gran capacidade para atraer numerosas probas de primeiro nivel de diferentes disciplinas deportivas como A Volta Feminina ou La Vuelta a España, así como tamén desenvolvendo as súas propias probas, todo elo co obxectivo último de colocar a Ourense no lugar que merece”, reivindicou a xerente do Inorde.

A «Arnoia Termal Bike» tivo a súa saída e chegada en Arnoia, pero o percorrido chegou a concellos limítrofes como Cartelle e Cortegada. Na proba déronse cita 125 participantes no circuíto de gran fondo de 70 quilómetros que se disputou por parellas; e máis de 125 ciclistas competiron de xeito individual no medio fondo de 50 quilómetros de percorrido. A competición estivo aberta a todos os públicos, tanto federados como non federados, e tamén para os afeccionados con bicicleta eléctrica, aínda que estes últimos non optaron a premios.