16 nadadores do AD Fogar desputan o Galego de Augas Abertas

0

O Campionato Galego de Natación en Augas Abertas  que se celebra o vindeiro domingo día 13 de setembro de 2020 no Pontillón do Castro de Verducido en Pontevedra, supoñerá a volta á competición para 16 dos nadadores e nadadoras da AD Fogar  logo do parón provocado pola pandemia do covid-19.

Os representantes neste campionato autonómico de augas abertas serán @s alevíns Clara Rey, Manuel Souto e Hugo Souto, @s infantís Lucía Romanelli, Elena Haz, Ruben Otero e Xavier Guitián, os júniors Miguel Abelenda e Andrés Prieto, os séniors Adrián Haz, Manuel Verdes e Alberto Tomé e os mestres Elisa Pichel (+35 anos), Gonzalo Iglesias (+40 anos), Alberto Tomé e Fernando Trillo (+50 anos); que competirán entre as 10 e as 13:30 horas da mañán en formato contrarreloxo rolling start individual e sobre as distancias de 1000 metros para a categoría alevín e 2000 metros para o resto das categorías.