Un total de 14 medallas foi o excelente balance das/os atletas galegas/os que tomaron parte nos Campionatos de Europa máster que se desenvolverían en Italia os días 05 ó 15 de setembro

Sen lugar a dúbidas a actuación máis destacada correspondeu ó atleta de Arzúa Lolo Penas quen conseguiu nada menos que tres medallas de ouro convertíndose no claro dominador das distancias longas a nivel europeo da categoría máster 40. O atleta do C.A. O Pino lograría os triunfos nas probas dos 5.000 m. con 15:08.93; nos 10.000 m. con 31:57.51 e nos 10 km. ruta onde o seu rexistro de 31:00 representaría un novo récord galego máster.

Non menos destacada foi a participación do atleta do Marineda Juan Morales del Castillo quen lograría o Campionato de Europa máster 35 sobre a proba dos 5.000 marcha con 21:42.59. Da mesma maneira o coruñés completou o seu excelente campionato ca prata nos 10.000 m. logo de rematar a proba cun tempo de en 41:57 que representa un récord galego da súa categoría.

Outro dos atletas que subiría por dúas veces ó podio sería  Manuel Hurtado da Gimnástica para recoller as pratas nas probas máster 35 tanto dos 5.000 m. con 14:48.55 como de da media maratón con 1h.01.53.

Esther Pedrosa, sempre en todos os podios, voltaría co bronce na proba de cross e ca prata nos 1.500 con 5:16.26, ambas na categoría máster 55.

A máster 35 do A.F. Celta Emma Valencia faría valer o súa calidade para impoñerse na sempre difícil proba dos 100 valos, logo de rematar a proba cun rexistro de 14.94.

De novo Emilia Mesa, quen tomou parte nas probas de peso disco onde ocuparía a sexta posición con 8.25 e a décima con 19.93 respectivamente, tería que agardar ó concurso da xavelina para subir ó caixón grazas ó seu lanzamento de 26.24 m. que lle darían finalmente o bronce.

Por último e xa por equipos, a proba de cross deparounos as medallas de prata para Emilio Gonta na M70 e os bronces para Soledad Castro na W50 e Rafael Rodríguez na  M55.

Destacadas tamén foron os postos de finalistas das/os atletas Paulino Macías 4º nos 10 Km. ruta M35; Carmen Novo 4ª nos 10 Km ruta W60; Soledad Castro 5ª na ½ maratón W50; Emilia Mesa 6ª en peso na W65; Teresa Castro 6ª nos 5.000 e 8ª no cross W50 e Pablo Brieva 8º no triplo M35.

Resumo da actuación Galega

Nota de prensa de la Federación Gallega de Atletismo