Este domingo día 13 de setembro a Federación Galega de Natación retomaba o seu calendario de competicións coa desputa do Campionato Galego de Augas Abertas no Pontillón do Castro da localidade pontevedresa de Verducido.

No mesmo tomaban parte 16 dos nadadores da AD Fogar, 3 da categoría alevín, 4 da infantil, 2 da júnior, 3 da sénior e 4 da máster; que baixo estritas medidas de seguridade callaban unha actuación máis que destacada que resumimos a continuación.

Ouro e título de Campioa Galega Máster +35 para Elisa Pichel, prata e título de Subcampión Galego Máster +40 para Gonzalo Iglesias; dúas 4ª prazas a un chanzo do podio, as de Manuel Souto na categoría alevín e a de Rubén Otero na infantil; e tres top 10, os de Miguel Abelenda 6º júnior, Adrián Haz 7º sénior e Clara Rey 8ª alevín. Podedes atopar os resultados nos apartados descargas natación e máster desta mesma web e tamén na seguinte ligazón federativa:

https://www.fegan.org/mp/default/post/2455