Máis de 1.100 atletas de todas as idades súmanse a despedir o ano correndo pola cidade na San Silvestre Ourensá

Máis de 1.100 corredoras e corredores de todas as idades súmanse á convocatoria realizada polo Consello Municipal de Deportes para despedir o ano correndo polas rúas de Ourense, na II San Silvestre Ourensá.

Unha vez rematado o prazo de inscrición, serán en total 836 as persoas que participen na categoría absoluta que se desenvolverá o domingo, 31 de deecembro nun circuíto de 5 km, desde as 16:45 horas. Tamén se inscribiron 272 menores de 16 anos, repartidos en 3 categorías: 119 Pitufos (que correrán 0.07 km ás 16:00h), 91 menores de 12 anos (1,5 km ás 16:10h) e 62 Sub 16 (que correrán 2,5 km desde as 16:25h)

A proba está incluída no calendario oficial de competicións da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo – Delegación en Ourense, e participan tanto atletas federados como populares. A organización da proba dispuxo dun dorsal 0, de xeito que as persoas participantes tiveron a oportunidade de facer unha doazón destinada aos programas que desenvolve Cruz Vermella Ourense.

A proba fixa para a categoría absoluta unha ruta polas rúas peonís do Casco Vello e centro da cidade, co seguinte percorrido:

Xardín do Posío – Rúa Padre Feijoo – Rúa Colón – Praza Maior – Rúa Barreira – Rúa Burgas – Rúa Desengaño – Avenida de Pontevedra – Rúa Lamas Carvajal – Rúa do Paseo – Rúa Concordia – Rúa Santo Domingo – Praza do Ferro – Rúa dos Fornos – Rúa Unión – Praza do Trigo – Rúa Hernán Cortés – Rúa Prieto Nespereira – Rúa Lugo – Xardín do Posío.

A totalidade de participantes das categoría Pitufos, Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16 recibirán unha medalla ao rematar a súa proba.

Para categoría absoluta, haberá premios paras as tres mulleres e os tres homes que cheguen nos tres primeiras posicións.

Comentarios