Victoria B 1-2 UD Ourense || Victoria da UD Ourense que remata a Liga na terceira praza

 

Victoria B: Clara, Sarai (Zaida 58′), Sofia, Elisa, Maria, Laura Cetina, Nuria, Alba (Maria Blanco 67′), Laura Yañez (Natalia 87′), Ania, Miranda.

UD Ourense: Noe, Pacy, Lo, Andrea (Cae 66′), Moni, Dana, Hele, Aida, Palo, Laura, Zaira (Feijoo 33′).     

Goles: 0-1 Moni min 6, 0-2 Feijoo min 46, 1-2 Miranda min 65.

Árbitro: Jose Manuel Grañas Martinez. Cartons amarelos nas locais a Ania (82′) e nas visitantes a Laura (52)’ e a Feijoo (78′).

Incidencias: partido correspondente a 30ª xornada da 1ª Division Feminina disputada no campo de Leyma (A Coruña).

 

Non foi fácil en ningun momento o partido para as rapazas da UD Ourense. A baixa de moitas xogadoras complicou o partido. A primeira metade comezou coas visitantes mandando e así Moni, gañadora do trofeo a mellor xogadora do mes de abril, no minuto 6 rematou de cabeza a rede unha falta lanzada por Palo.

Tivo 3 moi claras oportunidades Pacy en tres balóns parados de aumentar a conta, pero os seus remates foronse fóra. As locáis aproximáronse polo área das ourensanistas pero sen facer intervir a Noe nesta primeira metade. A ocasión mais clara deste periodo foi un 3 contra 1 das visitantes que rematou fora dende fora do area Laura.

 

A segunda metade comezou do mellor xeito posible para as visitantes, balón dentro do área que recolle Feijóo e bate por baixo a gardarredes. Tivo outra a mesma Feijóo pouco despois, pero o seu remate foise desviado. A máis clara das visitantes foi para Hele que despois dunha gran xogada persoal, plántase soa diante da gardarredes pero o seu remate non atopou porta.

As locais sacudíronse o dominio e tiveron unha gran ocasión nun mao a mao contra Noe que resolveu moi ben a gardarredes. Sen embargo, ao pouco, novo mao a mao das locais que salva Noe en primeira instancia, pero nada pode facer ante o segundo remate. Era o 1-2. As visitantes sufriron ata o remate do partido. Varias accións a balón parado levaron perigo, ainda que Noe non tivo que intervir máis.

 

Victoria nesta derradeira xornada de liga, que fai que se remate a tempada na terceira praza. Agora toca a Copa Galicia.

 

Clasificación de Femenino Liga Gallega Primera División