UD Ourense 5-1 Alertanavia || As rapazas de Rubén García xa son terceiras

0

 

[alert type=»danger»]

UD Ourense: Noe, Maria, Ches (Hele 14′ Aldara 86′), Pacy, Lo, Cris, Dana, Jani, Lola (Zaira 68′),Aida (Cae 55′), Laura (Feijoo 83′).

Alertanavia: Lidia, Patricia, Andrea Rodriguez, Alejandra (Laura Fernandez 50′), Andrea Alvarez (Laura Pampillon 43′), Andrea Arias, Macarena, Veronica, Damaris, Ilda, Nerea (Alejandra Nuñez 76′).

Goles: 1-0 Hele min 17, 2-0 Laura min 33, 3-0 Laura min 36, 3-1 Andrea Rodriguez min 49, 4-1 Cae min 81, 5-1 Aldara min 88.

Árbitro: Renny Mazaira Rodriguez. Cartons amarelos nas locais a Lo (55′) e nas visitantes a Andrea Alvarez (5′) e ao adestrador (35′).

Incidencias: partido correspondente a 27ª xornada da 1ª Division Feminina disputada no campo do Monte da Aira (Velle).

[/alert]

 

Comezou con pouco ritmo o partido e sen aproximacions claras as areas. Nun balon colgado ao area por parte do Alerta Navia chegou a xogada desafortunada do encontro, xa que Ches no seu intento de despexe caia mal e saiaselle o xeonllo. O partido tivo que pararse mais de 5 minutos pola lesion. Ao pouco da reanudacion do xogo chegou o primeiro tanto da maña, tiro de Laura, rexeite da gardarredes e Hele que acababa de sair ao campo marca.

Empezáronse a suceder as ocasions das locais, tendo Laura unha moi clara e un pouco despois foi Hele a que puido facer o segundo. Este chegaria no minuto 33 tras un pase de Hele que recibe Laura dentro do area e tras regatear a porteira, marca. No 36 chegaria o terceiro, obre de Laura de novo tras un remate dende o borde do area ante o que non puido facer nada a gardarredes. Nos derradeiros minutos deste primeiro tempo achegouse o Alerta Navia cun par de lanzamentos lonxanos que se foron desviados.

 

Na segunda metade sairon relaxadas as locais e no minuto 49 chegou o gol visitante, perda de balon das locais, balon longo que non e quen de despexar a zaga e unha xogadora do Alertanavia que remate collendo o balon unha parabola ante a que nada pode facer Noe. Aida e Cris puideron facer o cuarto, e as visitantes puideron recurtar distancias nun par de tiros lonxanos que on atoparon porta nos seus mellores minutos do partido.

Estas duas ocasions fixeron espertar as locais e primeiro Zaira cun disparo dende a frontal ao longueiro, un tiro cruzado de Jani e unha boa xogada de Cae estiveron a piques de converterse en gol. Seria precisamente Cae quen faria o 4-1 cun gran disparo dende o borde do area no minuto 81. Case fai o quinto Feijoo cun potente disparo que atrapou moi ben colocada a porteira visitante, unha das mais destacada do partido. Este chegou no minuto 88 tras un pase en longo que caeu a pes de Aldara.

 

Nova victoria que fai que se recorten dous puntos coas segundas clasificadas e se acade a terceira plaza. O seguinte partido sera contra o segundo clasificado, o Valladares, dentro de dous domingos, en Vigo.

Foto: Yedra Seara