UD Ourense 1-2 Sárdoma B || Dura derrota das ourensás

0

 

[alert type=»success»]

UD Ourense: Noelia, Jani, Andrea, Maria, Lo , Moni, Dana, Aida (Zaira 65′), Hele, Palo (Laura 52′), Cris.

Sárdoma B: Ainhoa, Sara Morano, Sandra, Sara Porto, Natalia (Ana 87»), Paula, Fatima, Carla, Ildara (Fiorella 55′), Patricia, Silvia (Alba 46′).

Goles: 1-0 Cris min 21, 1-1 Natalia min 54, 1-2 Fatima min 57.

Árbitro: Javier Carid Perez. Carton amarelo ao segundo adestrador do Sardoma B.

Incidencias: partido correspondente a 18ª xornada da 1ª Division Feminina disputada no campo do Monte da Aira (Velle)

[/alert]

 

A primeira parte foi un monólogo das locais ante un rival ao que lle costaba xogar o balón pola presión local. Xa no minuto 2 dispuxo da primeira ocasión clara o conxunto local nunha xogada de Cris que se internou no area pero o seu tiro foise fora por pouco. Tería pouco despois Aida nun balón que recibíu dentro do área pero parou a gardarredes visitantes. Pouco despóis foi Hele quen tivo outra e novamente Cris tamen voltou poñer a proba a unha moi acertada Ainhoa.

 

Presión ourensanista e penalti claro

Chegóuse así ao minuto 21 no que Aida foi obxecto dun claro penalti que as visitantes reclamaron coma fora de xogo previo. Cris converteuno no 1-0. Non baixaron o ritmo as locais e de novo Cris nun lanzamento de falta fixo que Ainhoa fixera unha moi boa parada cando se cantaba o gol. Despois dunha boa xogada en ataque das locais foi Palo a que rematou fora por moi pouco. A unica aproximacion das visitantes foi un tiro de falta dende 40 metros ao borde do tempo de lecer que chegou as mans de Noelia sen maior perigo

 

12 minutos para esquecer

A segunda metade comezou con menos ritmo por parte das locais e coas visitantes tentando estirarse un pouco. Ainda así volveu ter Cris unha moi clara oportunidade nunha xogada persoal que non atopou porta por moi pouco. As locais relaxaronse vendo a sua superioridade e pagárono moi caro. Un mal centro do Sardoma, un mal rexeite da defensa, o balón cae ao borde do área, Natalia pegalle de primeiras e o balón entra pola escadra. Sen tempo de asimilalo e coas locais ainda groguis, novo fallo defensivo dentro do área local e Fátima fai o segundo de tiro cruzado. Era o minuto 57.

 

Acoso e derribo sen froito

As visitantes non voltaron aparecer polo área local e as ourensanistas asediaron a visitante pero non era o día. No minuto 60 Laura dispara dende dentro do area e Ainhoa fai un paradon, pouco despois foron Hele e Aida quen a tiveron. O gol rondaba o area do Sardoma pero non chegaba. As locais reclamaron penalti nunha xogada de Hele dentro do area no que regateou a 2 defensas e acabou no chan. O asedio era continúo. Laura tivo outra tras unha xogada persola pero o seu remate atopouse con Ainhoa. Voltouse reclamar penalti nun centro de Laura que rematou cunha defensa enriba de Zaira no chan no area pequena. Pero sen dubida a xogada que reflexa o que foi o partido foi a derradeira, falta que bota Cris, Ainhoa toca coa punta dos dedos, o balon vai ao pao, pasease pola liña de gol e non entra.  

Dura derrota para as rapazas da UD Ourense que ven como se distancia o segundo clasificado. A vindeira semana toca descanso.