Traballado punto do Barbadás no campo do Alondras (1-1)

0

 

[alert type=»info»]

FICHA TÉCNICA

ALONDRAS CF: Martín, Tubo, Carminati, Rubén Comesaña, Agujetas, Abel, Mauro (Yerai, min 53), Alex Gómez (Borja, min 89), Pablo Couñago (Andrés, min 66), Champi, Joni.

UDC BARBADÁS: Berto, Geno, Oli, Ger, Marcelo (Daniel, min 36), Lamelas, Martín, Cassio, Igor (Pablo, min 14 (André, min 81)), Rodrigo, Alfredo.

GOLES: 0-1: Rodrigo, min 39; 1-1: Pablo Couñago, min 45.

ÁRBITROS: Rodríguez Campus, auxiliado por Vázquez García e Rama Cotelo do colexio de A Coruña. Amonestou polo Barbadás a Pablo.

CAMPO: O Morrazo, ante uns 600 espectadores.[/alert]

 

Na décimoquinta xornada de Terceira División enfrontábanse o Alondras CF e o Barbadás, dous equipos que chegaban con situacións moi dispares. O Barbadás chegaba a este encontro nunha posición cómoda, preto dos postos de promoción de ascenso, mentres que os de Cangas afrontaban este duelo moi preto dos postos de descenso, nunha mala xeira de resultados e tras unha semana marcada pola dimisión de Jacobo Montes como adestrador e a chegada de José Manuel Duarte.

Nos primeiros minutos de xogo viuse a un novo Alondras respecto ao que estabamos acostumados nos últimos tempos. Un Alondras que xogaba con descaro, tiña o control do encontro e non deixaba facer ao Barbadás. De feito os blanquivermellos tiveron diversas chegadas, especialmente pola banda dereita a través de homes como Tubo ou Joni. Foi o propio Joni quen no 21 estivo a piques de estrear o marcador cun tiro dende fóra do área que se marcha lambendo o pau. Tan só cinco minutos despois tívoa Mauro, pero vólveselle marchar a rente do pau esquerdo, tras tocar nun defensor.

Superada a media hora de partido Miki López xa se vira obrigado a facer dous trocos por lesión, primeiro Igor e despois Marcelo, ambos en accións fortuítas do xogo. No 39 vimos a primeira chegada clara dos visitantes, un contragolpe tras un roubo na esquerda, centra Martín e aproveita Rodrigo na área pequena para facer o primeiro da tarde. Dous minutos máis tarde, outra vez Rodrigo puido ampliar diferenzas no marcador, pero desta vez respondeu ben Martín baixo paus. O Alondras malia a estar a ser superior non era quen de finalizar, pero buscaba o empate antes de marchar a vestiarios e xa co tempo cumprido, nun balón colgado no área pequena, cabecea Pablo Couñago e supera por riba a Berto poñendo o empate a uns ao descanso.

 

 

Pouco variou o guión no segundo tempo, seguía o Alondras levando a iniciativa e creando perigo arriba, pero unha vez máis faltaba finalización. E neste período o Barbadás animouse máis ao ataque chegando algo máis a porta defendida por Martín. Pero foron os homes de Duarte os que tiveron as máis claras para levarse o encontro como nun centro de Yerai dende a dereita que cabecea Andrés, pero Berto sacou unha man perfecta para evitar o tanto do cangués. En cambio nos derradeiros compases de xogo os ourensáns dispuxeron de oportunidades para levarse o encontro como un disparo de Daniel que mandou Martín a córner ou algunha acción a balón parado, pero nin uns nin outros foron capaces de mover o marcador deixando o 1-1 definitivo.

Tras este empate o Alondras queda na decimo quinta posición, con 17 puntos, tan só tres por riba do descenso, mentres que os de Ourense son sextos con 24. Na vindeira xornada o Alondras visitará ao Deportivo B, pola contra o Barbadás recibe ao Castro.

 

Sheila Lorenzo
Xefa de Prensa Alondras CF