Debut de Iago Beceiro nas filas dos de Javi Rey que nada puido facer na derrota ante a SD Negreira.

SD Negreira 3-1 CD Barco | Excesivo castigo para os de Valdeorras

 

Primeira metade disputada, que enseguida se lle puxo de cara ao cadro de Javi Rey co gol de Ballesteros no minuto 7, ao rematar de cabeza desde dentro do área un balón servido por Recamán. Con todo os locais sentíronse feridos no seu orgullo e souberon reaccionar rápido, con internadas laterales que levaron moito perigo ata a área de Vicente, que fixo varias paradas de mérito. Chegou o tanto do empate local no minuto 17, por medio de Stefan e seguiu o asedio á porta valdeorresa. Cara á media hora de xogo as modificacións dispostas na liña defensiva deron resultado e os de Javi Rey tiveron máis balón e de novo algunha ocasión. 

Ao saír de vestuarios, no minuto 49, collen vantaxe os locais no marcador, cun impecable remate de cabeza do seu capitán Ángelo. A presión foi intensa dos de Javi Rey na procura da igualada, seguidamente coa entrada do debutante Iago Beceiro que serviu de estímulo e revolucionou o ataque do cadro barquense. Nos compases finais, cos valdeorreses lanzados ao ataque chegou o terceiro tanto local, que puxo distancia no marcador que non reflicte o acontecido no terreo de xogo. 

Os valdeorreses fixeron unha moi boa segunda metade, pero acabaron pagando caro o gol encaixado nos primeiros minutos do segundo acto, a falta de acerto nos metros finais e, tamén, a pouca fortuna en accións clamorosas que deberon acabar subindo ao marcador. 

A próxima semana os rojillos recibirán en Calabagueiros ao Barbadás no que será un apaixonante derbi ourensano. Por parte da SD Negreira visitará ao difícil Arosa SC. 

Fuente: Xavier R.A./ CD Barco