Sandra Sánchez chamada pola Federación Española de Balonmán

0
 
 
A xogadora de categoría infantil feminina do Nova Xestión Pabellón Ourense,  Sandra Sánchez Feijóo ven de ser seleccionada polo coordinador técnico da Federación Española de Balonmán para participar na concentración de verán que vai ter lugar en Soria do 7 ao 12 de xullo.
 
Sandra Sánchez Feijóo,
Sandra Sánchez Feijóo,
Esta concentración serve aos servizos técnicos da Federación Española para facer o seguimento das xogadoras máis destacadas a nivel nacional con vistas a futura composición das seleccións femininas. 
 
Xunto con Sandra, outras tres xogadoras galegas (dúas do Seis do Nadal de Vigo e unha do Bm. Porriño) teñen sido chamadas para esta concentración.
 
O gran rendimento de Sandra no Campionato de España, onde se proclamou campiona coa selección galega, e a súa gran tempada a nivel autonómico co equipo do Nova Xestión Pabellón Ourense ten propiciado a chamada para esta concentración.
 
Esta convocatoria supón un novo impulso na aposta que Balonmán Pabellón Ourense ten feito no eido feminino.
Norabóa a xogadora e ao seu adestrador Alejandro Arias «Zarra».