Nova victoria das rapazas da UD Ourense, desta vez ante o Depor "B", que fai a quinta consecutiva, nun partido moi incerto e no que as locais non andaron no seu mellor nivel.

Quinta victoria consecutiva da UD Ourense femenino

 

UD Ourense: Noe, Maria, Andrea (Ches 57′), Pacy, Lo (Feijoo 88′) , Moni, Dana, Aida (Palo 49′), Laura (Zaira 73′), Hele, Cris (Cae 86′).

Deportivo B: Malena, Laura de la Torre, Ainhoa, Natalia (Karina 65′), Veronica (Ariana 58′), Monica (Marta 75′), Alba, Michelle, Paula, Noemi, Laura Raña (Ana 83′).

Goles: 1-0 Cris min 4, 1-1 Noemi min 9, 2-1 Laura min 14.

Árbitro: Daniel Hernandez Gonzalez. Carton amarelo nas locais a Pacy (89′).

Incidencias: partido correspondente a 23ª xornada da 1ª Division Feminina disputada no campo do Monte da Aira (Velle)

 

Galería de imágenes

 

O partido comezou cun alto ritmo das locais que puxeron cerco a meta de Malena nos primeiros minutos. As visitantes somentes eran quen de sair do seu campo con envios longos que caian na defensa local. No segundo achegamento das locais gran pase de Aida a Cris e esta dende dentro do area fai o 1-0. Un erro nun balon atrás das locais que rematou en corner chegou o empate das coruñesas. Era o minuto 9. Nos baixaron as locais, que tiveron os seus mellores minutos do encontro.

Froito do dominio chegou o tanto do 2-1 no minuto 14 tras unha fermosa xogada que se inicio na defensa e rematou cun tiro de Laura dende o borde do area. Ahi fundironselle as ideas as locais, as visitantes comezaron a ter mais o balon e a presionar mais arriba. Froito dun fallo de entendemento na retagarda local no minuto 39 chegou un penalti, que puido trocar o partido, pero a lanzadora visitante enviou o balon fora. Case a continuacion tivo a sua ocasión Aida tras unha boa xogada por banda das locais

A segunda metade continuo coa tonica do final da primeira, as locais fora do partido e as visitantes tentando empatar. Non houbo grandes ocasions, quitando un disparo lonxano das visitantes que enviou Noe a corner no minuto 71. Polas locais so salientar un par de lanzamentos de faltas lonxanos que atrapou sen atrancos Malena.

Victoria para as rapazas da UD Ourense que lles permite afianzarse na cuarta praza e aproveitan o traspes do lider. O seguinte partido sera o domingo en Aguiño.

Fotos: Yedra Seara

Comentarios