Primeira derrota das rapazas da UD Ourense no desprazamento máis longo

0

 

 

[alert type=»danger»]

O Val: Vanesa, Mireya (Andrea 68′), Ángela, Noelia, Alba Pérez, Natalia, Elena, Diana (Ariadna 89′), Noemi, Alba Permuy, Alicia (Uxia 82′)

UD Ourense: Ches, Ile (Noe 67′), Maria, Pacy, Lo, Moni, Dana, Aida, Hele, Cris Rodriguez (Palo 55′), Laura(Cae 77′)

Goles:

1-0 Ángela min 20; 2-0 Noemi min 53; 2-1 Palo min 61.

Árbitro: Tomás Lorenzo. Cartóns amarelos nas locais a Mireya (60′), Noelia (65′), Noemi (78′) e nas visitantes a Dana (37′), Pacy (62′), Moni (63′). Cartón vermello ao segundo adestrador visitante Jacobo (75′)

Incidencias: partido correspondente a 6ª xornada da 1ª División femenina disputada no campo de Sinde (Narón).

[/alert]

 

Unha primeira metade na que as visitantes sairon sen tensión e non se adaptaron as reducidas dimensións do campo nen ao xogo proposto polas locais resultou decisivo no partido. As locais levaron o partido ao seu terreo con continuos balóns longos a Noemi e sen dar concesións atrás. Das visitantes pouco se soupo nesta primeira parte.

O 1-0 veu froito dun balón longo, tras un balón parado a prol das visitantes, a Noemi a que deixaron recibir, xirarse e xogar Con Ángela que marcou dende 30 metros un golazo. Os balóns longo a Noemi foron unha constante neste período, todos con sensación de perigo a pesares de que Ches non tivo que volver intervir.

 

O segundo tempo trocaron as tornas e as visitantes saíron máis enchufadas, o equipo local bastante tiña con despexar balóns e precisamente nun despexe a zaga da UD mide mal e o balón caelle a Noemi que de vaselina bate a Ches. Era o minuto 53. Sucederonse as ocasións visitantes a partires de aquí. Nunha delas chegou a xogada que marcou o partido, balón a Hele que se interna soa no área, unha defensora agarraa e o colexiado decreta penalti e cartón amarelo.

As visitantes reclamaron con vehemencia o cartón vermello. Foi o 2-1 obra de Palo. Tería outra igual Hele, internada no área e novo agarrón cando se dispuña a rematar que nesta ocasión non sería sinalado polo colexiado. As protestar provocaron a expulsión do segundo adestrador visitante. Terían aínda outras duas oportunidades moi claras as ourensanistas, a primeira nun saque dende a esquina que rematou fora Pacy por pouco e a máis clara de Hele que se internou no área e no mao a mao coa porteira cruzou en exceso.

 

Primeira derrota da tempada. Toca pensar xa no seguinte partido, o domingo no Monte da Aira as 12 contra o Torre.