Portonovo 3-0 UD Ourense || As ourensanistas apeadas da Copa

0

 

[alert type=»danger»]

Portonovo SD: Beli, Raiane, Cristina Maquieira, Carla, Lidia, Laura (Yamilet 68′), Nuria,Rebeca (Ilenia 86′), Eva, Carlota (Cristina Rodriguez 93′), Nerea.

UD Ourense: Noe, Maria, Pacy, Lo, Andrea (Aida 57), Moni, Dana, Hele, Palo (Feijoo 76′), Laura, Cris.

Goles: 1-0 Lidia min 1, 2-0 Lidia min 15, 3-0 Eva min 43.

Árbitro: Tomas Balboa Torres. Cartons vermelllos ao adestrador e segundo adestrador visitantes (82′ e 89′).

Incidencias: partido correspondente a volta dos 1/4 de final da Copa Feminina 1ª Division disputada no campo de Baltar de Arriba (Portonovo).

[/alert]

 

 

A primeira xogada do partido foi o reflexo dos primeiros 45 minutos. Perda de balon en medio campo das visitantes, balon que recolle Lidia e de tiro cruzado bate a Noe. O tanto espoleou as locais e desorientou as ourensanistas, desaparecidas completamente os primeiros 20 minutos de partido. As locais apretaron e no minuto 15 nun balon longo ao que seguiu un despexe defectuoso da defensa visitante, Lidia facia o 2-0.

Espertaron un pouco as ourensanistas, comezando a ter o balon e achegarse a campo contrario pero sen crear perigo. A ocasión mais clara tivoa Cris nun fallo da defensa local, pero o seu tiro foise fora. O Portonovo pasou a xogar a contra e a piques estivo de facer o 3-0, pero Noe adiantouse nun perigoso balon a espalda da defensa. No derradeiro minuto da primeira parte chegou o 3-0 definitivo, novo erro visitante e Eva de disparo cruzado anota.

 

Na segunda metade trocou a decoracion. As ourensanistas deron un paso ao frente e fixeronse co control do partido. Puido, sen embargo, o Portonovo marcar nun contragolpe no minuto 54, que salvou Pacy con Noe xa vencida. O dominio visitante non se traduciu en ocasións claras de gol, sendo a máis clara un remate de Hele a saída dun corner que se foi por riba do longueiro por moi pouco. Os derradeiros minutos foron un quero e non podo con todo o equipo arriba e o Portonovo facendo contras que non souperon rematar. No desconto, tivo Hele un remate que atrapou a gardarredes moi segura e ao pouco marcou Cris pero o colexiado sinalou fora de xogo. Non houbo tempo para máis.

Dura derrota que pon fin ao torneo da copa. Agarda agora a Copa Diputación.