O Taekwondo ourensán brilla nesta tempada

 

O Taekwondo ourensán brilla nesta temporada de novo, conquistando 3 medallas no campionato de España cadete, en La Nucía, o pasado 4 de Marzo (Ainoha García – ORO, Diana Siota – PLATA y María Ferreiro – BRONCE), todas deportistas do Centro Deportivo Couto.

Na seguinte fin de semana, en Cartagena, no Campeonato de España de técnica, unha nova Prata  a cargo de Esperanza Fernández en categoría máster, e o mesmo tempo, en Eindhoven, na celebración do Dutch Open, Diana Siota alcanzou a medalla de Ouro.

 

 

Galicia estará representada na 38ª edición do Open de Bélxica de técnica e freestyle, que terá lugar os días 18 19 de marzo (torneo G-1).

 

Este torneo celebrarase uns días despois do Campionato de España de Técnica, que tivo lugar a pasada fin de semana. En Bélxica as e os deportistas terán unha moi boa pedra de toque antes do Open de España, outra das probas puntuables para decidir os nomes dos participantes no Europeo.

Así en Bélxica estarán, con José María Vega como coach, vinte deportistas que competirán en técnica e freestyle. En técnica os nosos representantes serán:

Nerea Alamancos (Tao) en sénior 1, Alejandro Losada García (Tao), en sénior 1, Elena Varela (Neka) en sénior 1, Alejandro Losada Rodríguez (Neka), Noelia Pérez (Hebe) en sénior 2, Samuel Meilán (Tao) en sénior 2, Seung Han Shin Jang (Han´s Horang-i) en máster 1 masculino. En parellas 1 competirán Nerea Alamancos e Alejandro Losada (Tao) e  Elena Varela e Alejandro Losada Rodríguez (Neka).

En júnior participarán a nivel individual Celia García (Tao), Gabriel Tembrás (Moodukwan), Beatriz Felpeto (Moodukwan), Manuel Paz (Hebe), Álvaro Portela (Hebe), Gabriele Santomé (Hebe), Bárbara Di-Martino (Hebe), Carlos Rey (Neka), José Roca (Neka) e Carlos Fernández (Neka). Na modalidade de parellas competirán Bárbara Di-Martino e Álvaro Portela (Hebe) e Gabriel Tembrás e Bea Felpeto (Moodukwan), mentres que en tríos estarán Manuel Paz, Álvaro Portela e Gabriele Santomé (Hebe) e Carlos Rey, José Roca e Carlos Fernández (Neka).

En freestyle tamén haberá presenza galega. En individual -17 estarán Manuel Paz (Hebe), Celia García (Tao), Gabriel Tembrás (Moodukwan) e Beatriz Felpeto (Moodukwan). Ademais Ingrid Gómez e Anxo Costa (Tao) competirán en +18 anos individual e tamén xuntos en parella +18 anos. Por último, sinalar a presenza de Gabriel Tembrás e Bea Felpeto en parella -17 anos.