Un gol de Carlos Villar facilitou a vitoria (1-0) do Xuvenil da División de Honra sobre o Real Avilés despois de case catro meses sen gañar

O Pabellón CF volve a gañar 4 meses despois (1-0)

 

PABELLÓN CF (1): Abel, Gabri (Óscar, m.63), Jar, Llena, Carlos, Álex Villar, Quintana, David Quintá (Langa, m.63), Yago (Mario, m.83), Carlos Villar e Rivero (Ferreiro, m.72).

REAL AVILÉS (0): Brais, Helios (Álvaro, m.80), Santi, Víctor, Luis (Ignacio, m.82), Fausto (Iván, m.61), Carlos, Marcos, Borja, Andrés e César (Adriàn, m.28).

GOLES: 1-0, m.12: Carlos Villar.

ÁRBITRO: Zulema González González (Comité Galego). Amonestou a Rivero, Quintana, Abel e Ferreiro nos locatarios e a Víctor e Fausto nos visistantes.

INCIDENCIAS: Xornada 23ª da División de Honra Xuvenil. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

 

Despois de catro meses e tres semanas o Pabellón volveu a gañar un partido -o anterior foi ao Tropezón o 18 de setembro do ano pasado- na máxima categoría despois de superar nun intenso e tenso choque a un Real Avilés que chegaba a Ourense coa intención de levarse a vitoria de cara á permanencia.

Os branquiverdes certificaron a boa liña das últimas aparicións facéndose cun traballadísimo triunfo grazas a un tanto de Carlos Villar aos doce minutos de xogo, como premio ao bo arranque de partido dos locatarios. Cos pabellonistas controlando a situación consumíronse os primeiros corenta e cinco minutos.

A volta de vestiarios os asturianos sairon a por todas pero os pabellonistas estiveron herméticos en defensa desenvolvendo unha gran labor en todo tipo de accións e de maneira especial na estratexia. Despois de recompoñer liñas cun par de trocos nos locatarios, os últimos quince minutos foron moi intensos e incluso houbo algún encontronazo entre xogadores de ambos conxuntos que non pasou a máis. O Pabellón defendía unha máis que ansiada vitoria e os os avilesinos intentaban, polo menos, rescatar un punto pero o marcador non se movería.

 

Pabellón CF

Fotos: Carlos Domarco