Viaxaban os senior do Nova Xestion Pabellón a Coruña coa importantísima baixa de Borja, e coa presión de que xogaban contra o Artabro na sua casa, equipo que estaba a tan so dous puntos.

O Nova Xestión Pabellón cae na difícil cancha do Artabro (25-22)

 

Empezou o Pabellón o seu partido cunha primeira metade bastante boa en defensa, pois soamente encaixaron 9 goles os rivales, pero cun ataque nulo, impsible de conseguir atravesar a defensa do rival e anotando tan so 5 goles. A segunda metade xa foi moi distinta, o equipo centrouse mais e os goles comezaron a chegar, e os das Burgas empezaron a ver entrar os seus balos na portería dos de Coruña.
 
Varias veces tiveron os do Nova Xestión a oportunidade de pasar o marcado a favor, pero por mor das perdidas de balón, ou por alguna exclusión, o Artabro volveu abrir una brecha de tres goles. Nos últimos dez minutos de partido o equipo estaba moi canso, e eso fixo que se acabasen as posibilidades de remontada chegando ao final cun 25-22 no marcador.
 
Os goles estiveron bastante repartidos, e descata o veterano Victor con 6 goles, empatado co xuvenil Javier, seguidos de Alex e Xurxo con 3, e Fran, Brais, Gabriel e o xuvenil Dani con 1 gol. Rematan o ano marcando todos os xogadores excepto os tres porteiros, Ruben, Fernando e o xuvenil Cerviño.
 
Agora descansar estas navidades e coller forzas para voltar a competición o fin de semana do 14-15 de Xaneiro contra o Seis do Nadal de Coia nos Anexo dos Remedios.
 
 
BASE:
 
Xuvenil Masculino:
 
Os do Nova Xestion Pabellón viaxaron o Domingo para enfrontarse o Xallas, quinto clasificado en liga. Partido ven levado polo rapaces de Aaron dende o primeiro minuto. Bos minutos da primeira parte na que eles so logran anotar 7 tantos, dos cales 4 son de penalti.
 
Tan so o fallo cara a portería contraria en contraataques fixo que o Pabellón non se fora ao descanso cunha vantaxe mais ampla. acabado inda asi cun 7-17 no marcador.
 
Na segunda metada mais do mismo, minutos para todos, sobre todo para os mais cativos, incluindo o Pablo Campelo, que esta estudando en EE.UU, e voltando a casa por Navidade, quixo vestirse de curto e xogar este partido no que aportou 5 goles, algo que non esta nada mal para levar dende outubro sen xogar. Final do partido Xallas 13-35 Pabellón. Lastima da lesión de Raul Nogueron no minuto dous da primeira parte.
 
A volta do nadal, xogarase na casa un partido intensísimo, contra o OAR Coruña, co que se están empatados en liga. Primeiro contra segundo.
 
 
Cadete Masculino:
 
O cadete viaxou o sábado para xogar contra o RibadoSar. Un mal comezo dos das Burgas (7-3) debido os fallos de lanzamento a porta e o acerto do seu porteiro, fixonos ir a remolque ata o minuto 20 da primeira parte que os das burgas lograron empatar o partido a 8. a Partir de ahí o dominio xa foi induscutible indose o descanso cun claro 10-18 no marcador a pesares de que tanto Joel como Sampayo, un dos máximos anotadores, tiñan molestias.
 
Unha segunda parte co equipo de primeiro ano, que fixo disfrutar a todos de minutos e seguir co bo ritmo e co bo traballo que están a facer. o final un claro 26-37 para os das Burgas, que esperan o líder a volta das vacacions de nadal.
O máximo anotador foi Raul Noguerol con 12 goles.
 
 
Infantil Masculino:
 
Os infantiles iban a Redondela o sábado coa presión de xogar un partido importantísimo donde lograr os dous puntos era primordial. Quizas por que non levaban o seu entrenador habitual, e a falta de confianza, fixo que os pequenos do Nova Xestion Pabellón non entresen no partido, e non defendesen da forma habitual que teñen,sendo una das mellores defensas da liga, polo que non foron quen de traerse os dous puntos para a casa. Sen dubida, tense que destacar o papel de Roi no equipo, un xogador que axumiu o rol de porteiro, e que o esta a desempeñar moi ben, sacrificándose o partido enteiro, e facendo paradas realmente moi boas.
Os máximos anotadores foron Alex e Dario con 4 goles cada un e Luis con 3, final do partido SAr 19 – 15 Pabellon