O Nova Xestión acomódase na cuarta praza tras vencer ao SAR (30-20)

0

 

[alert type=»success»]

Nova Xestión: Cerviño (p), Borja (1), Fran (6), Dani, Xurxo (3), Brais (1), Victor (3), Javier (4), Mou (1) , Fernando (p), Gabriel (5), Alex (6) e Ruben ( P ) –  Entr: Diego Lorenzo ;  Delegado: Jorge Rodríguez.
 
SAR : Martín, David (8), Miguel, Ricardo (1), Gabriel, Alejandro, David, Lois, Alejanro P. (5), Abraham (3), Khalid, David (3). – 
Entr: Pablo Muiños, Del: Jose Angel.
 
Árbitros: Carlos Calvar e Elena Rivas. Excluiron dous minutos por parte do Nova Xestión a Borja, Fran, Brais, Gabriel e Alex Ruiz , e por parte da SAR a Ricardo.
 
Incidencias: Moi bo ambiente na grada, coa presenza de unhas 50 persoas.

[/alert]

 

Sabendo da necesidade de non perder puntos na casa, saiu o Nova Xestion o sábado moi enchufado ó partido, algo que quedou patente nos primeiros intres do partido, donde pouco a pouco foise rompendo o marcador, cunha magnifica defensa na zona central coa parella Brais- Borja e cos ataques certeros que aportou o grupo.
 
A partires do minuto 15, cun marcador cómodo (10-5), comezaron as rotacions de xogadores por parte de Diego Lorenzo, as que todos responderon positivamente, en especial o porteiro Fernando con varias intervencions destacables, oq ue fixo que se chegase o descanso cun favorecedor 15-9.
 
Na segunda metade, seguiu a tónica, cunha SAR moi mermada e un Pabellón moi concentrado ampliando distancias no marcador. O adestrador da SAR, Pablo Muiños, propuxo una defensa avanzada sobre o lateral esquerdo, pero non foi quen de impedir as boas transicions dos do Nova Xestion.
 
O final do partido 30-20, con 6 goles de Fran e outros 6 de Alex, e dous puntos mais que se quedan en Ourense para seguir sumando nesta complicada tempada.
 
A destacar a implicación de todo o grupo, tanto en defensa como no ataque, e darlle a noraboa os xogadores máis novos, pois están mais asentados e cómodos na categoría senior. Moi bo ambiente no Anexo dos Remedios coa grada chea, coa escola de Vistahermosa animando, sobre todo os seus adestradores Rubén e Javi. E as categorías base, apoiando o equipo senior masculino.
 
 
 
Base
 
Xuvenil masculino:
 
O sábado xogouse o derbi nos Remedios contra o VC Carnes do Ribeiro.  Partido comodo dos do Nova Xestion, no que o equipo de Ribadavia presentabase coa baixa dos seus dous mellores xogadores, e cun equipo, que se formou este ano, e para o cal moitos xogadores e o seu primeiro ano de competición.
 
O marcador final rematou con 51-11 a favor dos do Pabellón grazas aos seus contraataques, transicions rapidas e a sua superioridade fácil nos un contra un.
 
Cabe destacar a aportación de todo o equipo, e a dos porteiros, que fixoron unha boa actuación. A destacar os 10 goles de Javi e os 10 de Diego.
 
 
Infantil masculino:
 
Os pequenos da base masculina viaxaron ata o Carballal o Domingo, para enfrontarse o segundo clasificado, quen so cedeu tres puntos en once partidos que levan de liga.
 
Boa primeira parte dos do Nova Xestión, que competiron ata donde lle chegaron as forzas. O maior acerto do porteiro do Carballal na segunda metade, e unha mixta camuflada sobre un dos mellores xogadores dos de Ourense, o lateral Luis, mermaron o ataque do Pabellon no segundo tempo. Destacar o esforzo realizado, pois a maioria son xogadores de primeiro ano, e destacar os máximos goleadores do encontro que foron Salva con 7 dianas, cun golazo dende nove metros directo a porta, que se pode ver nas redes sociais do Nova Xestion Pabellón, e de Luis con 6, a pesar da neutralización que tivo na segunda metade por parte dos de Carballal.
 
O cadete masculino non xogou esta xornada por que o equipo do VC Carnes do Ribeiro se retirou da competición.