O Auriense gaña en Vigo e afiánzase na cabeza da Liga

0

 

 
 
Na tarde do domingo, o Auriense F.G. masculino conseguía contra o Keltoi de Vigo, unha importante victoria que o consolida nas posicións de cabeza, empatado co Dorna da Illa de Arousa.
 
Nun partido igualado no Campo de Samil, –Keltoi Vigo 2-06(12) / 3-07 (16) Auriense F.G.– no que o conxunto visitante saiu centrado dende o comezo, acumulando rentas de ata 6 puntos, os locais conseguiron pechar ao Auriense no segundo parcial, pero unha contra a falta de 5 minutos que rematou en gol e, un tiro a paus na última xogada, sentenciaron aos vigueses, e dan pulo ao equipo ourensán, que acabará o ano 2016 nunha posición privilexiada, e na mente os dous vindeiros partidos, contra o primeiro (Dorna) e terceiro (Mecos) respectivamente.