O vindeiro mércores reuniránse co alcalde do Concello de Ourense, Jesús Vázquez.

Manuel Baltar recibe á directiva da UD Ourense

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu esta mañá no Pazo Provincial á directiva da Unión Deportiva Ourense (UDO), tralo seu recente ascenso á categoría de Preferente.
 
Na reunión estiveron co presidente provincial o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o presidente da UDO, Modesto García; o coordinador deportivo, Fernando Currás; e os directivos Manuel Cabaleiro e Eladio Pérez.
 
Na xuntanza, na que o presidente do goberno provincial e os directivos da UDO falaron de aspectos relacionados coa vindeira tempada, Manuel Baltar felicitounos por lograr o ascenso e desexoulle á Unión Deportiva Ourense que continúe cos éxitos futbolísticos. 
 
Tanto Manuel Baltar como Bernardino González mostráronse moi receptivos coas peticións que lle achegaron dende a UD Ourense e serán atendidas na medida do posible. Desde a Diputación fixéronlle saber que entenden perfectamente os valores da UD Ourense e do sentimento de ourensanismo que hai dentro do mesmo. Sobre o tema dos campos de adestramento farán todo o que poidan incluso se deixou caer a posiblidade de volver a por en marcha os campos do Parque Tecnolóxico, algo que se antoxa  fundamental para descongestionar o problema actual cos campos.