Senior Masculino: 
 
Nova Xestion Pabellón: Rubén, Cerviño e Fernando (porteiros) Aaron (2), Perez, Fran (1), Daniel, Carreño, Javier (4), Brais, Victor (5), Grabriel (2), Mauenl, e Alejandro (6).
 
Chegaba o Bm Nova Xestión a Culleredo, segundo clasificado, coa ilusión de puntuar para escapar da zona roxa de perigo, pero una vez mais o equipo non estivo a altura, e a sensación de falta de ganas pasou factura. 
 
Seguindo a tónica das semanas pasadas, coas baixa de Borja e Xurxo, xunto co cansancio que acumulan xuvenis como Javi e  Dani, metidos en plena fase de ascenso, dificultanron todavía mais as posibilidades de éxito ante un rival que caera con rotundidade no anexo dos remedios na primeira volta. 
 
A primeira mitade, foi totalmente dominada polos locais, que encontraban pasillos moi fáciles ante a blanda defensa pabellonista, chegando a un claro e diferenciado 14-7 ao descanso.
 
Na segunda parte viuse a un Pabellón mais enchufado, reducindo a distancia a tan so tres tantos, pero foi un mero espexismo, xa que números erros de lanzamento e perdidas de balón permitían ao equipo Coruñes ditanciarse cada vez mais ata chegar ao abultado 28-20 final. Esta claro que o Culledero esta na segunda posición por algo, por que non baixan os brazos, e afrontan os partidos cunha seriedade impecable. 
 
Dende o corpo Técnico, e dende o clube, queren recalcar a importancia de que o equipo recupere a confianza en si mesmo, e volva a victoria, xa que os dous proximos partidos contra o Tui e Pontedeume, os dous pechacancelas, marcaran o futuro do equipo na clasificación. 
  
 
Senior Femenina:
 
Un mal inicio de partido condenou ao Nova Xestion Pabellón  no seu primeriro partido da segunda fase ante o Rasoeiro de O Grove. 
 
A escasa circulación de balón e falta de agresividade en ataque conduciu as pabellonistas a numerosas perdas que as visitantes convertían en contraataques (7-15 ao descanso). 
 
Na segunda parte, as locales milloraron cunha Andrea que comandou o ataque e a defensa como si dunha veterana se tratara, e colocándose a 4 goles (16-20). Pero un arreon final das do Grove finiquitou as esperanzas locais de disputar o encontro.
 
 
Base:
 
Xuvenil Masculino:
 
Os xuvenis do Nova Xestion Pabellón afrontaron o partido mais serio do que vai de tempada, e eso é moi boa señal. Partido que a priori se presentaba complexo contra o Balonman Tui. Os das Burgas sairon moi serios en defensa, destacando a Javi, diego Cudeiro e Dani no centro e a colocacacion dos extremos fixo que o partido saise rodado. Como sempre apuntan os adestradores, una boa defensa gaño un partido, e asi foi… Repartindo goles, donde anotaron moitos xogadores, e defendendo cada balón como se fose o ultimo foiso o descanso cun 12-14 no marcador. Na reanudación mais do mismo, inda que as precipitacions de cara a porta, e alguns erros de lanzamento, evitaron unha maior ventaxe. Boisimo partido de todo o equipo, que de seguir asi, conseguirán o seu propósito. Destacar tamen a boa actuación de Cerviño na portería, con nada menos que 18 paradas. Os goles repartironse entre Javi con 6, Diego con 6, Cudeiro con 5, Pablo con 3, o outro Pablo Carballo con 2, Tesouro con 1 e Aldemir con 1.
 
Cadete Masculino.
 
A pesares de que os cadetes do Nova Xestion caeron por un abultado 41-29, os doce goles de diferenza, non son a diferenza real do nivel destes dous equipos.
A dureza e superiorida física dos xogadores do Tui, sacaron do partido os das Burgas, que estiveron alternando diferenzas entre 2 e 7 goles, ata os últimos dez minutos. 
Por mais que os pequenos do Pabellón se esforzaban, os resulados non chegaban, encontrándose cos paus ata 10 veces, incluso fallando goles claros sos ante a portería. 
Hai días que as cousas non saen, e por mais que lle poñas gañas, non encontras o sitios, nin tes ideas, e este foi un deses días. Destacar a actuación de Martínez con 6 goles e Noguerol con 5
Olvidarse deste sábado e centrarse na segunte semana, traballando como ata agora e o que van a facer os nenos de Aaron nieto.
 
Cadete Femenino:
 
AS cadetes femininas desplazaronse o sábado a maña, para enfrentarse a uns dos lideres da categoría, as rapazas de Lalin. As locais entraron a pista moi serias e nada mais empezar colocaronse cun parcial de 3-0, que non superon remontar as rapazas de Zarra. 
A pesaras da presión de xogar contra o Lalin, as rapazas non se viñeron a baixo, e loitaron durante os sesenta minutos, a pesares de non ter un bo dia, e cometer moitos erros de pases e recepción de balons.
Ao final un 40-31 reflexo das posicions de cada equipo na taboa. Sandra destacou como máxima anotadora con 11 tantos. 
 
 
Infantil Masculino:
 
O Domingo tocoulle madrugar os mais cativos do Nova Xestion, tendo que partir de Ourense as 7:30 da maña, para xogar ante o segundo clasificado en Carballo, O Xiria. 
Dende os primeiros minutos, o Xiria entrou moi centrado no partido, sen fallar lanzamentos, a pesar de que os cativos do pabellón foron capaces de defender a zona central, e correxir erros de outras semanas. O Pabellón centrouse en mellorar o ataque, con un pivote e incluso con dou, pero non eran capaces de finalizar con gol, debido a boa actuación do porteiro local. Como o partido estaba xa definido na segunda parte, Aaron decidiu darlle minutos os mais cativos, e incluso os alevins para que se acostumen e collan confianza na categoría. De ahí un marcador tan abultado e un resultado de 35-16.
 
Destacar a boa actitude de todos os xogadores e a de Salva sendo o máximo anotador do partido con 7 goles, seguido por Luis con 4.
 
Infantil Feminino:
 
As infantis do Nova Xestion Pabellón viaxaban a Lalin a xogar un partido, que a priori, vendo a diferencia de posición na taboa, non se presentaba complicado, pero que levou unha sorpresa ante unha gran defensa das infantis do Lalin, que loitando por cada balón, sin dar ningún por perdido, fixeronse comodamento co apartido.
A falta de intensidade e de atención, provocou un derrota inesperada no Lalin Arena. Ademais da mala actuación do equipo, ninguna individualidade foi capaz de sobresair para poder disputar o partido en ningún momento, chegando cun 27-20 ao resultado final. AS máximas anotadoras do equipo foron Maria con 6 goles e Lucia con 5.
 
 
Escolas:
 
 
As escolas seguen traballando e xogando partidos, para coller confianza no campo. Esta semana tiveron dobre xornada as de Mariñamansa e Vistahermosa. que se enfrentaron o xoves entre elas, gañando a escola de Mariñamansa, e o sábado voltaba a competición. 
 
O Pabellon Mariñamansa segue imparable, gaañando os partidos do sábado contra o Coles. Os rapeces de Jose, que xa levan dous anos competindo, pero que é o primeiro ano que o fan con el, integraronse perfectamente os adestramentos e o xogo que lle manda o seu adestrador, e demostrano partido a partido. 
 
O Pabellón Otero-Couto, enfrentouse o Ribeiro, conseguindo dous puntos mais para o seu casilleiro. Os pequenos seguen a sua liña de mollera e van polo bo camino. O ano que ben, moitos pasan a infantis, e empezaran a competir a nivel autonómico. 
 
O Pabellón Vistahermosa, a escola mais nutrida de todas, con maior numero de licenzas de xogadores benxamins,que segue a crecer semana a semana. Nenos e nenas que acaban de empezar, que levan apenas tres meses adestrando, xa son capaces de votar un partido disputado. Cada vez teñen mais confianza, e eso notase o velos no campo. Cada dia están mais compenetrados, e van adquirindo maior competitividade. Algo que destaca o seu adestrador, e que eles independientemente do resultado, sempre se van sorindo e preguntando cando e o próximo partido.